Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, enero 31, 2007

Culpable el PP


“Cando algo falla no tripartito está claro... a culpa é do PP": Con estas palabras resume el PP de Carballo la postura de Andrade, quien culpó al partido de la oposición de que no fuera aprobada su moción pidiendo la dimisión de Vicente Irrisarri (Presidente de Portos de Galicia). “É incrible que o Sr. Andrade diga que o grupo popular o debería respaldar nunha iniciativa que non lle aprobaron os seus ´socios´ e utilice agora ´cortinas de fume´ querendo culparnos do seu fracaso neste tema”, añade el portavoz popular.

Además de considerar “surrealista” la posición del concejal de urbanismo, para el PP la presentación de la moción “significa que a ruptura do tripartito xa é un feito”.

En cuanto al proyecto del puerto deportivo de Razo, lo califica como “outro tunel” del tripartito, “un proxecto que o governo presentou sen ter ningunha garantía de viabilidade nin técnica nin ecónomica e no que, como quedou demostrado, volveron a enganarnos, porque non existía ningún acordo con outras administracións de rango superior para a execución da obra”; y en referencia a los 24.000 euros que costó al Ayuntamiento el proyecto rechazado por Irisarri, añaden: “É un novo caso de utilización partidista dos recursos públicos para manter a toda costa o pacto de governo”.

El PP se pregunta qué gestiones hizo el alcalde para defender el proyecto (si es que lo avala), ante quién y con qué resultados, acusando a Evencio Ferrero, una vez más, de “ineficacia para a xestión pública”.



Enlaces relacionados:

Perdón televisado para o Hispano

Gladiator Irisarri?

Seguir lendo...

Perdón televisado para o Hispano


Igual que na película de Ridley Scott, o gladiador Irisarri salvou a vida logo da batalla. Mais non porque o entusiasmado público o reclamase contra a vontade do emperador, senón porque os dous mandatarios locais tiñan opinións diferentes.

No pleno celebrado o pasado luns (e que onte puidemos ver en BERTV), a moción para solicitar a demisión do presidente de Portos de Galicia foi rexeitada cos votos a favor do CDI, en contra de BNG e PSOE, e coa abstención do PP.

O máis divertido da sesión, para aqueles que non a viron, foi a sorprendente facilidade con que alcalde e tenente de alcalde manteñen visións completamente opostas coma se do máis natural se tratase. Todo iso co sorriso e deleite do público “popular” que asistía ó evento. Dende CD felicitamos a iniciativa de televisar os plenos de Carballo. Certamente, ofrecen imaxes ben clarificadoras e explicativas de por qué suceden as cousas que suceden.




Seguir lendo...

viernes, enero 26, 2007

Gladiator Irisarri?


Coma nos combates de gladiadores no coliseo romano, toca decidir se o loitador vive ou morre. O Hispano, o presidente de Portos de Galicia Vicente Irisarri, librou o seu combate contra nada menos que o aspirante a emperador Manolus Andrade. Os contendentes xogaron a súa vida polo porto de Razo, e agora os dedos pulgares apuntan cara arriba ou cara embaixo para decidir a súa sorte.

Hai división de opinións, coma case sempre que os tribunos do imperior tripartito teñen tomar unha decisión. Andrade apunta cara embaixo e pide a cabeza do funcionario público, mentres que o emperador Evencius e o seu conselleiro Viña Viñae queren perdoarlle a vida ó gladiador.

¿Qué dirá o público “popular” que asiste ó espectáculo con diversión? ¿Obrigará a cambiar o sentido do dedo de Andrade ou Evencius”? ¿Estará Irisarri predestinado a destronar ó emperador de Carballo?




Seguir lendo...

jueves, enero 25, 2007

Máis paralelismos

"Manuel Andrade es incapaz"




Sueiro tamén ten o seu ("Fue al más allá y volvió")




(Que Sueiro apague la luz)

Enlaces relacionados:

Coincidencias

Seguir lendo...

miércoles, enero 24, 2007

Nuevos avances en independencia de los medios



Galicia Confidencial




Seguir lendo...

Mal rollo nos ximnasios


Os 4 ximnasios máis importantes da localidade están asociados nunha agrupación denominada “Agiber”, e non andan moi contentos precisamente por estas datas. Hoxe, a prensa local recolle as queixas deste colectivo pola próxima posta en marcha dunha sala de musculación municipal.

Os empresarios locais consideran que se trata dunha competencia desleal, que este tipo de instalación municipal é “innecesaria, pues este servicio ya está cubierto por los gimnasios”, e que o único que fará a sala de musculación será arruinar os seus negocios, pois “tienen inversiones millonarias adquiridas a base de hipotecas” e non poden competir cun servicio que será gratuíto gracias á subvención pública.

Mais o propietarios do ximnasios carballeses non quedan ahí; lanzan graves críticas ó goberno local, pois aseguran que a iniciativa só obedece á necesidade do Concello de “paliar el excesivo gasto del Patronato y la Concellería de Deportes debido a su nula planificación desde hace muchos años”, e ameazan con tomar medidas coma non pagar impostos ou realizar sentadas.

Dende CD… aplaudimos a creación de novos servizos ó cidadán, pero non entendemos que esto se deba de facer a costa de competir de xeito inxusto con empresarios que están a arriscar os seus cartos e crear riqueza na nosa vila. En definitiva este asunto volve a poñer en primeira páxina a sensación de malestar que dende fai tempo se detecta pola xestión deportiva en Carballo.


Seguir lendo...

Coincidencias

En Youtube atopamos este vídeo titulado "Manuel Andrade manipula":






Seguir lendo...

lunes, enero 22, 2007

Planificando el futuro próximo


La semana pasada el tema de debate era el famoso hospital comarcal de Bergantiños, y ya nos veíamos venir otros debates-promesa de cara a las próximas elecciones. Ayer el gobierno local, por medio de un amplio reportaje en LVDG, anunciaba un plan para descentralizar los servicios municipales y especializar los barrios en áreas concretas.

Lo que no alcanzamos a ver es cuál es la novedad de esta medida. Hace tiempo que los servicios de Cultura se desplazaron al Pazo, hace tiempo que se acordó que la Casa dos Oficios fuese la sede del centro de formación y la escuela-taller, hace mucho tiempo que está decidido que Bértoa albergue el polígono industrial, hace también mucho tiempo que todo el mundo está de acuerdo en que la zona del Bosque sea una zona verde y deportiva, al igual que hace años que se decidió destinar la zona del San Cristóbal a área residencial, y nadie pone en duda que el centro de Carballo es el núcleo comercial.

En definitiva, que este plan no propone nada que no estuviese ya sobre el papel desde hace mucho tiempo. Sorprende por eso, y también porque a estas alturas de la legislatura un gobierno debería de estar rindiendo cuentas de sus logros, en lugar de anunciar planes de futuro que ya deberían estar materializados, o camino de estarlo. O quizá lo que realmente se está planificando es la consulta electoral de la primavera.




Seguir lendo...

viernes, enero 19, 2007

Bárbaro frustrado


Nunha entrevista que hoxe recolle La Voz de Carballo, o presidente de Portos de Galicia, Vicente Irisarri, afirma que a idea de construir un porto deportivo en Razo é unha “barbaridade”, e que mentres el estea no cargo non se vai a realizar. Irisarri di ser partidario dos portos deportivos pero de forma racional.

Con respecto á petición de dimisión de que foi obxecto, di: "a mí me suena a broma, a un calentón de este señor que refleja un estado de frustración no muy explicable".

Sacando conclusións: que Irisarri non se deixa intimidar polas bravatas de "este señor" (Manuel Andrade). ¿Cómo reaccionará agora "este señor"? Non ha tardar a resposta.




Seguir lendo...

jueves, enero 18, 2007

Ontherocks


Vía comentario anónimo publicado neste blog, enterémonos da existencia dunha novidosa páxina-podcast, dirixida por un periodista carballés con un dilatado pasado nun blog de ollos rasgados que agora está clínicamente morto.

A nova páxina é esta: http://ontherocks.blogia.com/

Desexámoslle moita sorte.




Seguir lendo...

miércoles, enero 17, 2007

Urxencias


Pedimos excusas ás numerosas fans de George Clooney e compañía por establecer este símil entre a política local carballesa e a famosa serie de TV, pero o asunto e mais o título axústanse moito á situación.

É ben coñecido que o famoso hospital comarcal foi unha das demandas e promesas históricas do BNG non só en Carballo senón en toda a comarca e mais na provincia. Pero, como tantas outras cousas, a óptica dende o poder é ben distinta da óptica dende a oposición, e unha vez ocupada a alcaldía hai outros asuntos dos que ocuparse.

Sen embargo, aproxímanse as eleccións e entran as presas para tentar resolver en 4 meses o que non se resolveu en 4 anos. Só así cabe explicar o debate que o alcalde de Carballo Evencio Ferrero e LVDG teñen montado en torno a un hospital comarcal do que case ninguén se lembrara durante toda a lexislatura do alcalde nacionalista. Non sorprende a iniciativa do rexedor, que debe preparar a súa candidatura ó poder, mais quizá si sorprende un pouco a repercusión mediática que se lle está a dar en ano electoral a un tema que xa foi debatido ata a saciedade e no que difícilmente pode haber desacordo a nivel local.

Aventurámonos a facer unha predicción: que este non será o último “debate-promesa” antes do mes de maio.




Seguir lendo...

lunes, enero 15, 2007

A Nosa Costa renueva su imagen


La página que dirige nuestro amigo Xosé Manuel Lema, www.anosacosta.com estrena hoy su nueva imagen, en la que predomina la claridad en el diseño y una reorganización de contenidos.

Lo mejor es que pinchéis en el enlace y juzgueis vosotros mismos el resultado.

¡Enhorabuena, Lema!




Seguir lendo...

Andrade en el país de las maravillas


Definitivamente Manuel Andrade vive en el país de las maravillas. Hasta el punto de que ha empezado a adoptar la personalidad de sus personajes. En el día de ayer conocíamos un comunicado del CDI en que los “centristas” carballeses “exigen el cese fulminante” del responsable de Portos de Galicia, Vicente Irisarri, por afirmar que el puerto de Razo no entraba en los planes del organismo autonómico. Es decir, “que le corten la cabeza”, que repetía el séquito de la malvada reina de corazones que conocía la dulce Alicia.

(A este Andrade leyó le contaron que "la mejor defensa es un buen ataque", y hala, a bombardear. ¿Por ahí fuera pensarán que todos en Carballo somos así? Aaaarrrggggg, qué repelús)




Seguir lendo...

sábado, enero 13, 2007

Aquí no hay quien gobierne


Non podían sospeitar os inquilinos do nº 1 da praza do Concello que a convivencia ía ser tan difícil cando hai 3 anos e medio se mudaron ó seu novo fogar. Coma na teleserie que produce José Luis Moreno, nese consistorio non hai quen viva, e os veciños teñen que facer as maletas e saír con vento fresco.

Hoxe lemos na prensa local con sorpresa que Manuel Trigo, concelleiro do PSOE de Carballo, presenta a dimisión do cargo e do partido, segundo manifesta porque sente que “non pinta nada”, e que non se lle recoñecen os seus anos de traballo. O seu sitio será ocupado por Pedro Luis Fernández. O caso é que se trata do sexto concelleiro da corporación que presenta a dimisión. Restando os casos de Manuel Varela e Milagres Lantes, que dimitiron para ocupar outras funcións máis importantes, as outras dimisións non obedeceron a circunstancias “naturais”.

O que máis nos sorprende a todos é que esta renuncia se produza tan só uns meses antes das eleccións. ¿Non podía Manuel Trigo agardar a rematar a lexislatura? Eso quere dicir algo. Sexa como fose, algo non pode funcionar ben nun goberno do que tanta xente se quere botar fóra.



Seguir lendo...

Fran Gómez abandona por avaría


Vaia por Deus. Ilusionados estabamos tódolos carballeses coa participación de Fran no rally Dakar deste ano, pero unha desafortunada avaría da súa moto forzouno a deixar a carreira. Dende aquí moitos ánimos ó piloto e mellor sorte para o próximo ano, que seguro que estará aí.



Seguir lendo...

viernes, enero 12, 2007

Ooooooooooooooooooooohhhhhhhhh!!!!!!!!


El presidente de Portos de Galicia, Vicente Irisarri descartó ayer en los Encontros dixitais de La Voz que se vaya a construir un puerto deportivo en Razo.

No hay problema. Para tapar este fracaso, seguro que Andrade ya tiene en la chistera la construcción de un aeropuerto.


(A falta de “puerto deportivo”, te damos una idea, Andrade: Para salir momentáneamente del paso, ¿por qué no propones ahora construir un “puerto polideportivo”? Ya sabes, unas canastas, unas porterías,… y listo. Venga, ánimo, que tú puedes)


Enlaces relacionados:

Outra vaca máis no millo

Seguir lendo...

No se vayan todavía, aún hay más


Ya habíamos colgado el cartel de The End, ya habíamos dado el tema por terminado, zanjado y finiquitado. Pero no, justo en ese momento apareció en escena superrrrrrrratón!!! y dijo aquella famosa frase que tanto nos gustaba escuchar cuando éramos niños ante la pantalla de los dibujos animados. Porque significaba que no se había acabado la diversión, sino que todavía quedaban maravillosas historietas por ver.

Pues hoy viene a Carballo la directora xeral de Comercio, una “experta en mercados” según el alcalde, para conocer de primera mano la situación del mercado de abastos y el entorno de la plaza.

La situación es que tras el fracaso estrepitoso del concurso del parking-centro comercial y las 6 empresas interesadas en el mismo, el gobierno local se encuentra con un periodo de 6 meses antes de las elecciones para intentar salvar la cara con alguna alternativa razonable, y para ello está intentando implicar a la Xunta en su financiación. Claro que después de lo todo lo visto, prometido, e incumplido en este tiempo, muy bien atado va a tener que estar el proyecto para que resulte creíble.




Seguir lendo...

miércoles, enero 10, 2007

Rumores, rumores


Leemos en www.galiciadiario.com un rumor acerca del futuro político en Bergantiños. Según el confidencial CDI y PP estarían negociando posibles pactos para después de las elecciones en la comarca. Cuesta creer que esto pueda producirse en el caso de Carballo, vistos los acontecimientos de los últimos meses, pero aquí queda la referencia.

Otro rumor, relacionado con el anterior, y que nos ha llegado con cierta insistencia es que Manuel Andrade podría estar estudiando dejar la cabeza de lista para otra persona más joven y con imagen distinta a la suya.

Pero bueno, ya lo decía Rafaella Carrá, a quien últimamente Roser rinde homenaje con un nuevo disco: ahhhhh, rumore, rumore…




Seguir lendo...

lunes, enero 08, 2007

Nazón de Breogán


Ese é o título dunha exposición que Anxo Quintana vai inaugurar na planta superior do Pazo da Cultura o próximo día 10 ás 20:00 horas. A exposición, cuxo contido concreto aínda descoñecemos, vai ter por obxecto “render homenaxe ós galeguistas que traballaron polo autogoberno”, poñer de relevo a “singularidade” de Galicia, e implicar á sociedade no proceso de “consecución dun novo estatuto”… de “nazón”, por suposto, como di o título da iniciativa.

Visto o anterior, todos pensaredes que estamos ante un acto organizado polo BNG para expoñer o seu punto de vista da reforma do estatuto. Pois non, é un acto organizado e pagado pola Vicepresidencia da Xunta (“o departamento de Anxo Quintana”, como ben repite a propaganda institucional) en colaboración co Concello de Carballo de Evencio Ferrero. Unha precisión, a exposición non a paga Quintana, como algúns poderán pensar, pagámola todos nós cos nosos impostos. Claro que no caso do alcalde carballés, tendo en conta a súa famosa honradez, a ben seguro que os gastos municipais sairán das contas do partido.





Seguir lendo...

domingo, enero 07, 2007

La piscifactoría de Pescanova ya tiene licencia…



…para ser construida en Mira (Portugal).

La piscifactoría, que significaría para la Costa da Morte una inversión de sólo 140 millones de euros y contaba con los informes positivos del Ministerio de Medio Ambiente para ser construida en Cabo Touriñán, finalmente se construirá en nuestro país vecino (que no es España, es Portugal).

Como publica hoy La Voz de Galicia: “Tras ocho meses de infructuosas negociaciones, en las que la compañía constató el «desinterés» de la Administración por su proyecto, el grupo gallego decidió llevar su plan estrella a Portugal. En el país vecino no sólo ha sido acogido con los brazos abiertos y apoyado con subvenciones de hasta el 50%, sino que en tan sólo tres meses ha obtenido todas las licencias para que la instalación esté operativa a finales del 2007 y productiva en el 2008.”

Según informa el mismo periódico, “se instalarán en el municipio portugués y, de entrada, darán empleo a 350 trabajadores.”

Es igual, en esta comarca no necesitamos sus millones ni sus sucios puestos de trabajo. Somos así de chulos, ¿qué pasa?

Además, como ha dicho sagazmente la Consellería de Pesca, “no se pierde ninguna inversión”. Con la visión global que tienen nuestros preclaros gobernantes, sin duda la Conselleira se refiere a que la piscifactoría no se construirá fuera de la Unión Europea, así que Europa no pierde ninguna inversión. Esto debe ser un motivo de orgullo y satisfacción para toda la Costa da Morte. Claro. Y además nos libramos de estos depredadores del medio ambiente que lo único que quieren es "emporcallar" nuestras queridas costas. Menos mal que ahora "emporcallarán" las de Portugal. Qué tontos son los portugueses. Y qué peso se nos quita de encima. ¡Uf!




Seguir lendo...

jueves, enero 04, 2007

Fran Gómez no Dakar 2007


O día 6 de xaneiro da comezo a edición do ano 2007 do rally con destino en Dakar e que este ano parte doutra volta de Lisboa. E como non, o carballés Fran Gómez Pallas participa un ano maís, coa súa moto Yamaha.

Se na última edición Fran obtivo un exitoso 53º posto, o piloto bergantiñán afronta esta nova edición coa experiencia acumulada e coa ilusión de sempre disposto a facerse notar na proba más lendaria do motor mundial.

O Dakar deste ano atravesará Portugal, España, Marrocos, Mauritania, Mali e Senegal. Na web www.dakar.com poderedes seguir ó día tódolos detalles do rally. Estaremos moi atentos ás evolucións do noso deportista máis internacional. Ánimo Fran!!!




Seguir lendo...

martes, enero 02, 2007

Zapping



Nestas datas de asueto e pouca actividade informativa (interrompida polos monstros terroristas da ETA), os medios de comunicación adican os seus espacios a facer balance do ano e compilar nuns divertidos “zapping” os mellores momentos do ano. Nós non quixemos ser menos e recollemos esta selección dos post máis importantes de Carballo Dixital. Os máis vistos, os máis salientables, os máis divertidos... que o disfrutedes.

Entrevista a Evencio Ferrero (non respostada)
Entrevista a Alberto Sueiro (I e II)
Enquisa sobre La Voz de Galicia
Feísmo
Andrade segue cobrando (I e II)
En el clavo
Aquellos maravillosos años
Incendio provocado na estación de autobuses (I, II e III)
Periodismo cidadán
Aparece Terra Galega (I e II)
Identity (I, II, III, IV, V e VI)
Debate (I e II)
Lobo (I, II e III)
A peaxe (I, II, III, IV, V, VI, VII e VIII)
El corredor (I, II e III)
Xiria Basket en EBA (I, II, III, IV e V)
O porto deportivo (I, II e III)
Risky Bussiness (I, II e III)
Al Uruguay, guay, yo me voy (I, II e III)
A lancha (I, II e III)
Este año sí
Cemiterio nuclear (I e II)
Alarma en Calvo (I, II, III, IV, V, VI, VII e VIII)
Bruce Lee en Carballo

E, por suposto, o centro comercial:
I, II, III, IV, V, VI, VII, VIII, IX, X, XI, XII, XIII, XIV, XV, XVI, XVII, XVIII, XIX, XX, XXI, XXII, XXIII, XXIV, XXV, XXVI, XXVII, XXVIII, XXIX, XXX, XXXI, XXXII, XXXIII, XXXIV, XXXV, XXXVI, XXXVII, XXXVIII, XXXIX, XL, XLI, XLII, XLIII, XLIV, XLV, XLVI, XLVII, XLVIII, XLIX

Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner