Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 16, 2005

Nace Carballo Dixital: un novo espazo para a comunicación e a liberdade de expresión


Con este primeiro post damos por inaugurada a primeira bitácora de información e opinión sobre a actualidade local de Carballo.

Deste xeito, un grupo de carballeses queremos mostrar e ofrecer a tódolos nosos veciños, asociacións, clubs, partidos e axentes sociais, as infinitas posibilidades que a internet ofrece para a comunicación e a liberdade de expresión.

A páxina vaise nutrir tanto dos posts que os seus editores realicemos, como de todas aquelas colaboracións que calquera interesado nos faga chegar contactando con nós vía correo electrónico (carballodixital@gmail.com). Cos únicos límites que as leis e as boas formas impoñen, os contidos agruparanse basicamente en catro modalidades: novas, reportaxes, artigos de opinión e confidenciais.

As aportacións publicaranse como un post resumido na páxina inicial, e dende este poderase acceder ó seu contido completo, sen límites de extensión, e permitindo a inclusión de imaxes. Preferentemente, e para maior facilidade, prégase que os textos sexan remitidos en formato Word, e as imaxes en formato “jpg”, sen rebasar 1 Mb de espazo cada unha.

Ademais, os visitantes poderán dar as súas opinións a través das enquisas que realizaremos sobre os temas de máis actualidade, e deixar os seus comentarios ós diferentes posts que se vaian realizando.

Grazas, e a desfrutar da nosa liberdade.





1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

muchos éxitos

22/11/05 19:16

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner