Killer Cats en xira
O grupo de rockabilly carballés anda de ronda veraniega, e velaquí unha mostra dunha das súas actuacións.
Etiquetas: killer cats, música, youtube
Seguir lendo...
Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo
Etiquetas: killer cats, música, youtube
Nestas datas de estío onde case todo o mundo está de vacacións, atopamos no youtube o traballo dun rapeiro que responde ó nome de “Fonta MC” e polas súas referencias e palabras clave, reside na capital de Bergantiños. Aquí vos deixamos un par de exemplos:
Etiquetas: Cultura, música, youtube
Mañana jueves, 4 de agosto, a partir de la 1:00 de la madrugada, los Killer Cats tocarán en Vimianzo, en un festival en el que también participan otros tres grupos. Y el viernes 5, a partir de las 22:30 h., la tasca O Codo (Razo) acoge a nuestros "gatos asesinos" por segundo año consecutivo, con churrasco incluido.
Un vídeo do concerto ofrecido polo grupo carballés The Cerne o día 1 de xullo de 2011, cunha sorprendente posta en escea, infografía incluída, para interpretar The Wall de Pink Floyd:
Etiquetas: Cultura, música, pazo da cultura, youtube
Semella que a comisión de festas do San Xoán decidiu variar este ano a filosofía de edicións anteriores. Logo de varios anos apostando por varios artistas aínda por explotar, esta edición 2011 contará cunha única actuación estelar, pero corresponderá a unha cantante sobradamente coñecida e consagrada entre o gran público. Chenoa xa visitara Carballo aló polo ano 2002, fora na compaña da súa parella por aquel entón, David Bisbal, e pouco despois de que ambos abandoasen a academia de Operación Triunfo. Moito cambiaron as cousas ata hoxe para os dous, e a mallorquina visita agora a capital de Bergantiños para presentar o seu último disco “Desafiando la gravedad”. Deixámosvos un pequeno aperitivo.
Etiquetas: festas, fiestas, música, San Xoán Juan
Para desconectar un pouco de tanta política e tanta campaña electoral, deixámosvos con boa música. O grupo carballés The Cerne colabora nesta singular posta en escea con orquesta e coro, titulada “Gala Americana”, que percorriu distintas localidades da provincia, entre elas a nosa. Este vídeo corresponde ó teatro Colón na Coruña.
Etiquetas: Cultura, música, youtube
Un dos novos grupos de rock carballeses. Sorprendeu na súa estrea, e velaquí os tedes no Pazo.
Trátase dunha das apostas máis novedosas e sorprendentes dos últimos anos no Pop Xiria Pop. Miguel Ángel Carreño, “Micky”, é unha figura mítica dos primeiros anos do rock e do pop español, a quen o grande público ten asociado últimamente a espectáculos nostálxicos tipo La Década Prodigiosa. Sen embargo, ven de editar un impresionante traballo centrado no twist, co que está a recorrer España na compaña de Los Colosos del Ritmo, grupo formado por excompoñentes de bandas lendarias coma Dr. Explosión. Será o sábado 18, e non o podedes perder. Aquí un aperitivo.
Seguimos cos grupos que completan a primeira xornada desta edición do Pop Xiria Pop. Dende Madrid chegan os Riffbackers:
Etiquetas: Cultura, música, pop xiria
Quenta motores o principal festival de rock da comarca no seu ano 2010. Dende aquí imos ir abrindo boca con pinceladas de todos os grupos participantes. Comezamos con “The See See”, unha formación londinense que poderemos ver o venres 17.
Etiquetas: Cultura, música, pop xiria
Con certo retraso chega ó Youtube esta actuación do grupo Shining, na cervecería Dublín no ano 2008.
Etiquetas: Cultura, música, youtube
Sorprendente este vídeo grabado na nosa vila que atopamos no youtube, un duelo de rapeiros ó máis puro estilo Eminem.
Etiquetas: Cultura, música, youtube

Etiquetas: música
Ourensanos y veteranos los primeros, y barceloneses y más jóvenes los segundos, estos dos grupos completan el cartel de hoy viernes en la primera noche del Pop Xiria Pop 2009.
Estes son dous dos grupos de mañá venres no Xiria Pop, chegados de León e Sidney, respectivamente.
Dos australianos de Johhny Casino & The Secrets pasamos ós estradenses de Hyde Casino, que tamén actuarán neste Pop Xiria Pop 2009. De novo en video-clip e máis nunha reportaxe da TVG.
Un setembro máis está de volta o festival de pop-rock de máis tradición na comarca. Será na vindeira fin de semana e na web de Xiria tedes toda a información pertinente. Pola nosa banda imos ir abrindo boca e dando a coñecer ós grupos desta edición a través dos seus vídeos en Youtube. E este ano no que as orixes se centran no noroeste peninsular, Barcelona e Sydney, comezamos polos australianos de Johnny Casino & The Secrets, en video-clip e máis en directo.