Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 16, 2005

O 2005: “annus horribilis” para a seguridade en Bergantiños


Se ben a seguridade é unha das asignaturas pendentes da nosa comarca dende hai anos, este ano 2005, así como o anterior 2004, téñense convertido en auténticos “annus horribilis”.

Atracos, butróns, roubos tradicionais, e os espectaculares alunizaxes, son nestes momentos o pan noso de cada día na prensa e nas tertulias locais, que inexorablemente repiten os mesmos lamentos e a mesmas demandas.

Pese a ser unha promesa histórica...

de tódolos grupos políticos, o retorno da Policía Nacional a Carballo non ten trazas de realidade. E mentres tanto, tódolos cidadáns, e sobre todo os pequenos e medianos empresarios e comerciantes, teñen que botarse a temblar cada noite e cada fin de semana.

Este non é só un problema de seguridade persoal e do patrimonio que en cada caso se sustrae, senón da seguridade xurídica e da confianza imprescindible para que os inversores poidan fixarse na nosa comarca. Se os nosos concellos son coñecidos polos roubos que sofren, e non polo carácter emprendedor das súas xentes, será moito máis difícil tanto que a nosa xente arrisque os seus cartos nunha empresa, como que os empresarios foráneos veñan aquí a crear postos de traballo. Sen seguridade e garantías legais, o progreso non é posible.

Agardamos que o novo goberno da Xunta se preocupe por Bergantiños e cumpra coa promesa de mellorar a súa seguridade, porque motivos non faltan.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿A quién se pretende engañar? Por muchas promesas que se hagan, lo primero que sería necesario sería modificar la legislación del Estado, ¿o es que aquellos que nos prometen olvidan que no se pueden instalar, a día de hoy, Comisarías de Policía Nacional en municipios de menos de 50.000 habitantes? Un poco más de seriedad, señores, y dejen de contarnos milongas, que algunos ciudadanos conocemos el asunto y no es tan fácil engañarnos...

20/11/05 22:56

 
Anonymous Anónimo said...

cando parecía hai uns anos que xa estaba desaparecendo a sorna que tiña esta zona, agora volven os comentarios sarcásticos, por non dicir realistas, contra desta terra(chega con ver os tonechos, lenvan 4 programas seguidos facendo o chiste con caballo).

e que eu saiba non se fixo ningún estudo de como cortar con este problema de seguridade, que sería o comezo dunha actuación realista. se tal, fíxose un no que se explicaba a situación de discriminacion na que estaban os chamados moinantes.

21/11/05 11:49

 
Anonymous Anónimo said...

para saber cómo estamos non fan falta estudios... vese simplemente con salir á calle. A solución tampouco depende de papeles, sinon de poñer máis policías nas calles. De noite, o Cuartel de Carballo cerra as portas, e hai !!! 2 policías locais de guardia !!! sí, dous!!!! E non é a súa función principal vixilar o orden público. Deixémonos de tonterías, e que poñan a Policía Nacional dunha vez ou que renuncien, pero basta de contos.
Fdo: Un escaparate roto 3 veces en 1 ano.

21/11/05 22:23

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner