Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, enero 26, 2007

Gladiator Irisarri?


Coma nos combates de gladiadores no coliseo romano, toca decidir se o loitador vive ou morre. O Hispano, o presidente de Portos de Galicia Vicente Irisarri, librou o seu combate contra nada menos que o aspirante a emperador Manolus Andrade. Os contendentes xogaron a súa vida polo porto de Razo, e agora os dedos pulgares apuntan cara arriba ou cara embaixo para decidir a súa sorte.

Hai división de opinións, coma case sempre que os tribunos do imperior tripartito teñen tomar unha decisión. Andrade apunta cara embaixo e pide a cabeza do funcionario público, mentres que o emperador Evencius e o seu conselleiro Viña Viñae queren perdoarlle a vida ó gladiador.

¿Qué dirá o público “popular” que asiste ó espectáculo con diversión? ¿Obrigará a cambiar o sentido do dedo de Andrade ou Evencius”? ¿Estará Irisarri predestinado a destronar ó emperador de Carballo?



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner