Urxencias
Pedimos excusas ás numerosas fans de George Clooney e compañía por establecer este símil entre a política local carballesa e a famosa serie de TV, pero o asunto e mais o título axústanse moito á situación.
É ben coñecido que o famoso hospital comarcal foi unha das demandas e promesas históricas do BNG non só en Carballo senón en toda a comarca e mais na provincia. Pero, como tantas outras cousas, a óptica dende o poder é ben distinta da óptica dende a oposición, e unha vez ocupada a alcaldía hai outros asuntos dos que ocuparse.
Sen embargo, aproxímanse as eleccións e entran as presas para tentar resolver en 4 meses o que non se resolveu en 4 anos. Só así cabe explicar o debate que o alcalde de Carballo Evencio Ferrero e LVDG teñen montado en torno a un hospital comarcal do que case ninguén se lembrara durante toda a lexislatura do alcalde nacionalista. Non sorprende a iniciativa do rexedor, que debe preparar a súa candidatura ó poder, mais quizá si sorprende un pouco a repercusión mediática que se lle está a dar en ano electoral a un tema que xa foi debatido ata a saciedade e no que difícilmente pode haber desacordo a nivel local.
Aventurámonos a facer unha predicción: que este non será o último “debate-promesa” antes do mes de maio.
1 Comments:
Víchedes xa esto?
http://ontherocks.blogia.com
18/1/07 02:10
Publicar un comentario
<< Home