Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, enero 04, 2007

Fran Gómez no Dakar 2007


O día 6 de xaneiro da comezo a edición do ano 2007 do rally con destino en Dakar e que este ano parte doutra volta de Lisboa. E como non, o carballés Fran Gómez Pallas participa un ano maís, coa súa moto Yamaha.

Se na última edición Fran obtivo un exitoso 53º posto, o piloto bergantiñán afronta esta nova edición coa experiencia acumulada e coa ilusión de sempre disposto a facerse notar na proba más lendaria do motor mundial.

O Dakar deste ano atravesará Portugal, España, Marrocos, Mauritania, Mali e Senegal. Na web www.dakar.com poderedes seguir ó día tódolos detalles do rally. Estaremos moi atentos ás evolucións do noso deportista máis internacional. Ánimo Fran!!!



0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner