Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, enero 23, 2006

Fran Gómez Pallas, ou o triunfo da vontade


Se temos que ser sinceros, a primeira vez que escoitamos que un mozo carballés ía participar no rally Dakar, moitos dos seus veciños debatémonos entre a sorpresa e a desconfianza. Resultaba case incrible pensar que un dos veciños podía tomar parte nun dos retos más duros do mundo, ese que tantas veces viramos pola televisión e que nos parecía algo reservado a expertos aventureiros curtidos en mil batallas. Moitos comentarios opinaban que a iniciativa obedecía a unha tolería dun mozo que non sabía onde se estaba metendo, e que estaba arriscando a súa vida dun xeito inconsciente. Probablemente por entón, só el , ou en todo caso a súa familia ou amigos máis achegados, confiaba completamente en si mesmo.

Pero...

...cando, na súa primeira participación, Fran Gómez Pallas conseguiu rematar a carreira, cunha fractura nun pé e nas peores condicións posibles, os carballeses sentimos que ese mozo era moito máis do que imaxinabamos. E se ben nas edicións posteriores non puido por motivos varios chegar á meta, este ano o piloto carballés deixounos o mellor dos resultados cun posto nº 53 que o colocou entre a élite de cantos participaron no rally Lisboa-Dakar, e que levou o nome de Carballo ós teletipos e ás noticias de tódolos xornais de Galicia e de España, pois foi un dos mellores representantes do noso país. Como curiosidade, decir que Fran figuraba na lista de participantes do Dakar como venezolano, posto que naciu en Caracas en 1969.

Os medios económicos eran practicamente nulos. Fran tivo que traballar arreo, solicitar axudas, chamar a tódalas portas, promover actos... As aportacións das Administracións e a colaboración de amigos e veciños fixeron posible reunir os cartos para que o soño se aproximase máis á realidade, pero ninguén lle regalou nada. O traballo anterior dou os seus froitos e no 2005 as cousas melloraron. Chamouno o equipo Nantón e corriu o Dakar 2006 con máis medios. Pero canto foi capaz de acadar, logrouno gracias ó seu empeño e á súa loita diaria.

O triunfo de Fran Gómez non foi só o triunfo dun piloto polas dunas de África, foi o triunfo da vontade, dunha persoa que tivo un soño que parecía imposible, e que, coa súa fé e o seu esforzo, co traballo do día a día, foi quen de levalo á práctica, demostrando que querer é poder.

Nunha vila na que estamos afeitos a ser noticia no exterior por circunstancias negativas, e no que temos que levar a cruz dunha inxusta mala imaxe, Fran Gómez Pallas tennos feito sentir orgullosos de dicir que somos carballeses. Gracias, Fran.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Sí señor. Olé sus huevos. Con cosas así es como se labra la imagen de un pueblo, y en Carballo tenemos mucho que hacer en ese sentido. Ahora lo que hay que hacer es difundirlo, que todo el mundo sepa de lo que somos capaces los de Carballo. Tenemos que aprender a presumir de las cosas buenas que da este pueblo.

23/1/06 11:02

 
Anonymous Anónimo said...

ENHORABUENA FRAN !
(Y NO NACIÓ EN 1959...)

26/1/06 12:34

 
Blogger Carballo Dixital said...

Perdón, 1969. Lo corregimos. Gracias.

26/1/06 12:52

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner