Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, enero 16, 2006

Centro comercial-parking ¿Descartarase?



Facémonos eco dun rumor (recalcamos “rumor”) que está na rúa, e que non publicaríamos se non fora que nos chegou por distintas vías.

Nas últimas dúas semanas, e onte por terceira vez, tres fontes distintas (sempre, ata o momento, ben informadas) informáronlle a dúas persoas do "staff" de Carballo Dixital que a adxudicación da concesión do edificio comercial e parking soterrado da Praza do Concello estaba demorándose a mantenta debido ás liortas entre os tres grupos que forman o goberno carballés (BNG-PSOE-CDI). Neste momento, segundo estas fontes, estaría sopesándose ata a posibilidade de deixar sen efecto o concurso.

Eles seguramente o negarán, da mesma forma que antes dicían (agora xa non o din) que se levaban “a partir un piñón”. Pero hai elementos suficientes que nos fan crer na veracidade do rumor.

Segundo as fontes…

… ás que tivo acceso Carballo Dixital, o motivo de que aínda non se adxudicara a concesión é que algún grupo do tripartito lle viu as orellas ó lobo, debido ós efectos negativos que vai ter de cara a intención de voto ó actual goberno a circunstancia de que, en plenas eleccións municipais (maio de 2007), estea levantado e en obras todo o centro de Carballo, sen poder celebrarse feiras durante moitos meses e coas perdas económicas e molestias que, como é sabido, as obras supoñerán para comerciantes e cidadáns residentes na zona centro. Segundo estas fontes, algúns membros do goberno estarían tomando como referencia o que pasou coas obras da rúa Coruña, de moita menor entidade e trascendencia que o que se pretende facer agora, e temen que os efectos negativos para a súa imaxe pública sexan moito peores, o que se traduciría nun castigo electoral.

Segundo estas fontes, o goberno calculou mal os tempos e a resposta dos comerciantes. Agora, unha parte do tripartito trataría de recuar sen saber cómo facelo (neste punto, unha das fontes introduce un matiz: o motivo sería que o escuro proceso de licitación seguido ata o momento tamén lle pasaría factura electoral ó goberno, por existir só unha oferta que sería a segura ganadora. Esto sementaría moitas dúbidas sobre a limpeza de todo o proceso, e esas dúbidas dos cidadáns pagaríaas o tripartito nas eleccións).

Sexa cal sexa o motivo, é innegable que o retraso resulta verdadeiramente estraño e inexplicado. Como é sabido, o prazo para a presentación de ofertas para a concesión do centro comercial-parking finalizou hai xa dous meses (18 de novembro de 2005). En todo este tempo, non se volviu saber nada do asunto. Nin unha noticia, nin unha declaración, nin sequera unha pregunta dos medios de prensa “oficiais”. Todos gardan un sospeitoso silencio. En resumo, nada de nada; o que, coñecendo a afición mediática e propagandística do goberno tripartito, resulta cando menos elocuente.

Como lembraredes, ó concurso presentouse só unha empresa (“Surtiser Aparcamento e Viales Subterráneos”, que segundo parece, está formada polas mesmas persoas que estiveron detrás de todo o proceso dende o primeiro momento).

Malia que o Concello xa debera ter calificado a documentación presentada pola empresa (o que, por tratarse dun só licitador, sería un trámite moi rápido e sinxelo), segundo estas fontes ainda non se cumprimentou ese trámite (o que tería que terse producido unha vez finalizado o prazo de presentación de ofertas, tal e como di o Prego de Cláusulas Administrativas do concurso). A pesar de que, como dicimos, xa transcurriron dous meses e xa hai tempo que debera estar feito, iso aínda non se fixo.

Segundo o indicado Prego de cláusulas, os seguintes pasos despois do trámite de calificación da documentación serían:

  • 2. Apertura dos sobres contendo a documentación técnica e a proposición económica: 6º día hábil seguinte á calificación da documentación.

  • 3. Adxudicación: no prazo máximo de 6 meses desde a apertura do sobre contendo a documentación técnica. Este prazo pode ampliarse por 3 meses máis. De non dictarse o acordo de adxudicación dentro deste prazo, o empresario ten dereito a retirar a proposición.

    Sen necesidade de agotar os prazos, o Concello pode declarar deserto o concurso, sen que o licitador teña dereito a indemnización.

É por iso que, non habendo ningún motivo aparente polo que nin sequera se teña aberto o sobre coa documentación aportada polo licitador, tódolos datos indican que os nosos informantes poden estar no certo: o único motivo da demora son as tensións e a contestación que o goberno encontra en determinados sectores de Carballo.

Outra posibilidade que apuntamos desde aquí, é que o goberno estea retrasando todo o posible a adxudicación para que as obras non dean comezo antes das próximas eleccións.

Segundo estas fontes, as discrepancias e as tensións entre os grupos do tripartito son enormes, ata o punto de que tamén son o motivo de que a estas alturas aínda non se teñan aprobados os Orzamentos de 2006, máxime se temos en conta que este goberno viña facendo gala repetidamente de que a súa estabilidade lle permitía aprobar os Orzamentos sen problemas.

Nós ofrecémoslle unha solución ben sinxela para resolver as dúbidas do tripartito en torno ó centro comercial-parking: convoquen unha consulta popular sobre a cuestión. A decisión dos carballeses lexitimaría calquera decisión posterior do goberno, tanto sexa seguir adiante co proceso como desbotalo definitivamente. Noutro caso, os únicos responsables ante as xeracións vindeiras serán tódolos socios de goberno.


Outros enlaces relacionados:

Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás

Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial

Información sobre el probable concesionario del Centro Comercial

O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)

Os "datos ocultos" do Parking-Mercado (II)

Perderanse 830 m² da Praza do Concello (III)

El PP ofrece dos alternativas al proyecto del centro comercial (y IV)

¿Y tú qué opinas?

Non teñamos medo a opinar

Alberto Sueiro: Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa. Andrade tiña preparadas revelacións e acusacións. (I)

Alberto Sueiro: Presentaremos un equipo renovado en persoas e ideas. (II)

O PP denuncia que o goberno de Carballo non ten solucións para o comercio local

El concejal de comercio dice estar dispuesto a realizar una encuesta sobre la reforma del mercado

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Parece bastante coherente. En el BNG siempre ha dado la impresión de que la táctica era presentar a Andrade como un "lastre" sin el cual la cosas irián mucho mejor, con la idea de que eso camufle los errores de los nacionalistas y les dé más votos. Otra cosa es que la táctica cale entre los ciudadanos, o que estén de acuerdo, y que funcione.
Tampoco se puede deshechar la posibilidad de que el tripartito se rompa a menos de un año de elecciones, o que el alcalde pueda cesar a Andrade, porque eso reforzaría esa táctica, y el gobierno podría ir tirando durante unos meses sin demasiados problemas.

16/1/06 12:53

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner