Alberto Sueiro: Presentaremos un equipo renovado en persoas e ideas. (II)
Publicamos hoxe a segunda parte da entrevista con Alberto Sueiro, voceiro do PP no Concello de Carballo.
(A foto corresponde a un partido de fútbol sala disputado o mes pasado entre diputados do Parlamento galego: PP vs. BNG-PSOE. O porteiro é Sueiro)
(II)
Hai uns días viámolo a vostede xunto con Carlos Negreira censurando os investimentos da nova Xunta na comarca, e reclamando maiores inversións. É dicir, que agora ¿están vostedes a pedir o que non fixeron durante 4 anos de goberno?
Ben ó contrario, estamos a pedir todo aquelo que o PP tiña proxectado e posto sobre papeis nos distintos programas do Plan Galicia que o novo goberno fixo desaparecer.
E incrible que os que antes esixian plazos e cartos, non reflexen nos Orzamentos 2006 compromisos coa nosa bisbarra e voten en contra de investimentos que xa estaban programados e recollidos en orzamentos anteriores. Dende logo estes non son os orzamentos que o BNG pedía cando era oposición.
Por outra parte, tense aberto un debate acerca da construción dun gran campo de golf na costa carballesa, mentres que o Concello de Camariñas ven de rexeitalo. O PP aínda non se pronunciou ó respecto, ¿cál é a súa postura?
...
...
O PP de Carballo non pode seguir o xogo mediático do goberno municipal. Non hai nada en firme, nin existe ningunha información oficial ó respecto, polo que todo son rumores e medias verdades. Todos andan a correr para ver quén se apunta un tanto. O CDI e o Alcalde andan de seguido nunha carreira por ver quén chega antes ó periódico para dar noticias das que despois pasan meses sin que se sepa nada, nin sepamos cal é o verdadeiro interés para carballo nin qué é o que se pretende facer.
Non podemos facerlle eco a tódolos globos sonda do goberno.
Os dous grandes temas que nos teñen que ocupar son a dirección que dende a concellería de urbanismo se lle esta a dar á revisión do Plan Xeral e o “extraño” concurso da construcción do novo mercado
En xeral, moitas persoas teñen a sensación de que vostedes fuxen de comprometerse en moitos asuntos, que tratan de evitar a toda costa pronunciarse mentres non llo esixan...
Non debemos pronunciarnos en temas que non existen.
O goberno quere crear polémicas e expectativas falsas para non falar da realidade e dos proxectos que sí están enriba da mesa. ¿Por qué nos sacan agora o do campo de golf? ¿Por qué non debatimos dos verdadeiros problemas que ten Carballo: a seguridade cidadán, a revisión do plan xeral de urbanismo ou o centro comercial na plaza?
Hoxe en día, os dous grandes temas que nos teñen que ocupar son a dirección que dende a concellalía de urbanismo se lle esta a dar a revisión do plan xeral e o "extraño" concurso da construcción do novo mercado, e en eles é onde debemos concentrar a nosa atención.
Outro dos temas capitais é o da comunicación: circunvalación, autopista a Fisterra, metro lixeiro, terceira vía á Coruña... moitas propostas e por agora ningún feito. ¿Estamos falando de fantasías, ou poden ser realidade? ¿Por qué apostan vostedes?
Nos grandes temas da comarca estamos moi presentes, non esquezamos que xa plantexamos en este período de sesións preguntas no Parlamento de Galicia sobre a circunvalación, a presencia da Policía Nacional en Carballo, e enmendas ós Orzamentos sobre estes asuntos. Son prioritarios e debemos atendelos.
O tráfico é outro dos asuntos no que insisten os nosos lectores. ¿Qué propoñen vostedes neste campo? Porque non se lles sinte falar del...
É importante ser serios nos plantexamentos que se fagan e non xogar coa boa fe da xente. Eu creo que o alcalde en estes temas “se apunta a un bombardeo” porque quere aparecer no periodico en tódalas iniciativas e despois non fai nada para sacalas adiante. Quere figurar en todo pero despois de verdade non traballa en nada. Hai exemplos a montóns:
Hospital comarcal: nada de nada nos ornamentos
Peaxe da autopista: dende que goberna o bipartito non se escoitou a súa voz e si a de outros destacados nacionalistas.
Seguridade en Carballo: os seus compañeiros votaron en contra da moción que se tiña aprobado no pleno do Concello de Carballo.
Cirvunvalación de Carballo: Os seus compañeiros reduciron as partidas que se recollían nos orzamentos para esta obra e negáronse a recortar os plazos para a súa execución.
Fai convocatorias para reunir ós alcaldes da comarca e facer a foto, pero cando estes teñen problemas que afectan a todos non é quen de levantar a voz para defender a Bergantiños.
Un tema de debate (e de protesta) recorrente entre os seus militantes e votantes é a falta de iniciativa e de exercicio da oposición que fai o seu partido, e vostede en particular. ¿Qué ten vostede que dicir? ¿Cómo influiu nesa pasividade a situación do tripartito antes e despois da crise?
Eu nego a maior. Non creo que se este pecando de inactividade. Outra cousa é a transcendencia nos medios que poida ter esa actividade. Dende o principio, quixemos ser unha oposición constructiva e participativa, colaborar nos asuntos de goberno dende a nosa posición e non convertirnos nos do NON. Aprobánse agora mais asuntos por unanimidade que nunca, e nós sempre propoñemos alternativas en tódolos temas importantes.
Denunciamos as irregularidades no cobro de subvencións. As irregularidades na contracion de persoal. As irregularidades na contratación de obras. Os erros nos orzamentos (o que obligou a repetir un pleno por non estar ben feitos os documentos). A ineptitude do goberno en temas de ordenanzas e na ausencia de xestión dos recursos. Plantexamos alternativas a unha revisión “interesada” do plan xeral. Mantemos viva a reclamación do monte Saíñas e sempre manifestamos a nosa oposición ás "Andradadas" (túnel, centro comercial na plaza, etc..) e á discrecionalidade no uso dos medios publicos.
Hai que ter en conta que moitas das iniciativas que se materializaron con este goberno son proxectos do PP e polo tanto non podemos opoñernos o que nos mesmos diseñamos.
Considérome liberal e reformista. Esperamos presentar un equipo renovado en persoas e ideas
¿Con qué liña ideolóxica se identifica vostede, das que existen no PP? ¿Cal é a súa ideoloxía?
Considérome liberal e reformista. Creo na iniciativa das persoas e na libertade individual.
¿Qué perspectivas ten para as próximas eleccións?
As de traballar todo o que poidamos para explicar ós carballeses cal será o noso proxecto. Esperamos presentar un equipo renovado en persoas e ideas con un proxecto ilusionante que supere o actual estado de loita interna e de intereses entre os membros do goberno. Unha proposta que poña por diante os intereses dos carballeses e non os dos partidos para conservar o goberno.
A política en Carballo necesita renovarse, levamos 25 anos coas mesmas persoas e xa é preciso un cambio e que aires novos tomen o relevo.
Para rematar: en datas vindeiras vaise celebrar o congreso para elixir a Alberto Núñez Feijoo como sucesor de Fraga. Todos sabemos que o PP de Carballo apoiou a este candidato, e mesmo Manuel Varela foi un dos seus asesores na Xunta. ¿En qué situación vai quedar o partido popular carballés dentro da estrutura do PP de Galicia? ¿E vostede en particular?
Dende o Partido Popular debemos estar moi satisfeitos polos resultados do proceso de elección do novo presidente e polo proceso en sí. Contaremos con unha nova dirección froito da decisión da ampla maioría dos militantes, o cal é moi importante. No que afecta ó PP local e a min mesmo, estaremos onde sempre, ó servicio dos carballeses dende a nosa militancia no PP de Galicia, para o que nos toque facer.
A chegada de Feijoo representa un relevo xeracional. ¿Vai quedar todo nun cambio da cabeza visible, ou vaise renovar todo o partido, e polo tanto tamén a nivel local?
É evidente que tras unha etapa de un liderazgo tan significado coma o de D. Manuel Fraga é importante iniciar procesos de renovación a tódolos niveis, o tempo pasa e sempre son necesarias caras novas que presenten novos proxectos, que conecten coa realidade de cada momento. Todos esperamos novos tempos e novas estratexias.
En canto á súa actividade, ¿vai seguir exercendo como deputado, ou vaise centrar en Carballo?
Vou a intentar, coma sempre, atender as miñas obrigas, porque todas son importantes e os compromisos que se adquiren debense cumplir, si ben é certo que agora a prioridad é centrarse no concello de Carballo para acadar os mellores resultados nas próximas eleccións municipais.
Ata aquí a entrevista con Alberto Sueiro.
Lamentamos non ter podido ofrecer a entrevista con Evencio Ferrero, polas razóns xa coñecidas.
Outros enlaces relacionados:
Entrevistas a Evencio Ferrero e Alberto Sueiro
As preguntas que Evencio Ferrero non quixo contestar
Alberto Sueiro: Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa. Andrade tiña preparadas revelacións e acusacións. (I)
3 Comments:
"Eu nego a maior. Non creo que se este pecando de inactividade. Outra cousa é a transcendencia nos medios que poida ter esa actividade."
Pois eu non o creo así. Por moito que algúns medios non estean pola labor de darlle bola ó PP, sempre hai algún que sí. E non se nota que polo menos intente dar a batalla. O PP ten que facer 10 veces máis oposición.
12/1/06 10:49
desactivade algunha noticia, que esta páxina non hai dios que a baixe,
non todos temos adsl
13/1/06 19:06
Gracias polo consello.
Así o fixemos. Esperamos que agora se cargue antes a páxina.
14/1/06 22:40
Publicar un comentario
<< Home