Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, enero 10, 2006

As preguntas que Evencio Ferrero non quixo contestar


O pasado mércores, día 4 de xaneiro, enviamos por correo electrónico sendos cuestionarios a Evencio Ferrero e Alberto Sueiro, co fin de publicar esta semana as contestacións. A tal fin, advertíamoslles ós dous que éstas deberían estar en poder de Carballo Dixital a máis tardar o domingo, día 8.

Cónstanos que o secretario do alcalde recibiu o cuestionario ás 15:43 horas do 4 de xaneiro, pois así nolo confirmou por email o informático municipal.

O 8 de xaneiro só respondera Alberto Sueiro. Esperamos un día máis, por se Evencio Ferrero contestaba. Non o fixo.

Estas son as 25 preguntas que Evencio Ferrero non quixo contestar:


  1. ¿Qué balance xeral fai do ano 2005 que vimos de rematar?

    ...(Para ver todas as preguntas, facer click abaixo, en "Seguir lendo...")


  2. Fai exactamente un ano, o goberno anunciara que 2005 ía ser o ano onde se empezaran a facer realidade as grandes obras para Carballo ¿qué pensa dese anuncio?

  3. A oposición dixo no seu momento que este goberno vivía das rendas do anterior, e que nun ano só fixera unha rotonda + 1 burato. Dous e medio despois do cambio de goberno ¿qué pensa vostede desa valoración?

  4. Concretando, ¿cómo ve o futuro do proxecto do mercado municipal de abastos? O PP ven de propoñer alternativas. ¿Qué opinión lle merecen? ¿Están dispostos a valoralas, ou teñen clara a opción escollida?

  5. O PP tamén solicitou realizar unha "consulta popular" sobre ese asunto, e o Concello ten insistido moitas veces sobre a conveniencia de que os cidadáns participen na política local. De feito, hai pouco liamos que se ía sacar adiante o regulamento de participación cidadá. ¿Isto é un apoio implícito a sacar a consulta? ¿Cal é a postura do goberno sobre esta proposta?

  6. ¿E a Casa dos Oficios? ¿Pensa que a veremos rematada no que queda do seu mandato? ¿Cál é a marcha da obras?

  7. A Casa dos Oficios vai dar traballo ós alumnos da escola taller. ¿Qué outras iniciativas ten o seu equipo en materia xuvenil?

  8. Recentemente téñennos acusado a vostedes de vivir de rendas en materia de cultura, ¿qué ten que dicir ó respecto? ¿Cáles son os seus proxectos nese campo?

  9. Hai uns días viamos a Alberto Sueiro con Carlos Negreira censurando os investimentos da nova Xunta na comarca, e reclamando maiores inversións, tal e como antes facían vostedes. ¿Cál é a súa valoración deses investimentos?

  10. Carril-bici a Razo, autovía gratuíta, hospital comarcal, dispensarios de menciñas nas parroquias... son moitas as promesas que vostede fixo dende a oposición, e agora que está no goberno non se ve movemento neses asuntos. ¿É vostede consciente dos compromisos que adquiriu? ¿Non ten medo de que se lle volvan en contra?

  11. Por outra parte, vostede viaxou a Madrid hai pouco para loitar pola construción dun gran campo de golf na costa carballesa, que ó parecer implicaría ocupar unhas 200 hectáreas e construír unhas 1.000 vivendas. Mentres, o Concello de Camariñas ven de rexeitar un proxecto moi similar, e hai un debate aberto en toda Galicia sobre a materia. Moitos non entenden cómo un alcalde do BNG pode defender un proxecto dese tipo, ¿qué lles ten que dicir?

  12. En xeral, moitos acusan ó goberno tripartito de "vender fume", de anunciar nos medios grandes proxectos que nunca se concretan: porto deportivo, cidade deportiva, Villa de Negreira, metro lixeiro, etc. ¿Qué ten vostede que dicir?

  13. Outros dos temas capitais é o da comunicación: circunvalación, autopista a Fisterra, metro lixeiro, terceira vía á Coruña... moitas propostas e por agora ningún feito. ¿Estamos falando de fantasías, ou poden ser realidade? ¿Por qué apostan vostedes?

  14. O tráfico é outro dos asuntos no que insisten os nosos lectores. ¿Qué propoñen vostedes neste campo? Os atascos e os baches van a máis, e medidas coma as dos semáforos da Gran Vía semella que non tiveron moito éxito...

  15. Por certo, hai pouco desvelábamos en Carballo Dixital que Manuel Andrade xa cumprira os 65 anos, e que aínda así seguía a cobrar do Concello. ¿Cómo é iso?

  16. O feito máis destacado dende o punto de vista da política local foi a crise de goberno de setembro, ¿qué valoración global fai da mesma?

  17. Vostede dixo que a crise se zanxou mediante unha delimitación de competencias. ¿Pode vostede asegurar que non houbo ningunha outra clase de acordo con Andrade?

  18. ¿Qué influencia tivo na crise a visita de Anxo Quintana a Carballo?

  19. Vostede insinuara que fora o PP quen instigara todo o acontecido. Ademais, é de dominio público que durante estes dous anos sempre houbo conversas entre PP e CDI. Visto o resultado e coa perspectiva de catro meses, ¿segue a pensar o mesmo?

  20. ¿Qué impresión pensa que levaron desa crise os militantes do BNG? ¿E cómo pensa que pode influír electoralmente?

  21. ¿De que corrente ideolóxica forma vostede parte dentro do BNG: UPG, Colectivo Socialista, Esquerda Nacionalista, Inzar, ...?

  22. En caso de que non forme parte de ningunha corrente, ¿cal é aquela coa que máis se identifica ideolóxicamente?

  23. ¿Cál vai a ser a liña do seu equipo no ano e medio que resta de lexislatura? ¿Qué proxectos están en marcha e cales poderán estar rematados no próximo ano e medio?

  24. ¿Qué perspectivas ten para as próximas eleccións?

  25. ¿Cómo pensa que vai afectar a nova Xunta ó futuro de Carballo?

¿Eran preguntas difíciles ou comprometidas? Pode que algunhas si o foran. Pero entre as obrigas de todo político que respete ós cidadáns está a de dar explicacións do que fai, do que non fai e do que pretende facer. En definitiva, rendir contas tamén mentras manda, non só cada 4 anos. Algo tan simple e elemental como esto, Ferrero non quixo facelo con Carballo Dixital.

Pode que Ferrero considere que os lectores desta páxina non merecen a súa atención. Ó fin e ó cabo, ¿qué importancia pode ter unha páxina web que en só un mes de vida conseguiu 656 lectores asíduos, con 14.752 páxinas vistas? Ou, se cadra, o motivo está en que non facemos entrevistas “complacientes”, porque para facer propaganda xa hai outros medios…

Mañá publicaremos as contestacións que nos enviou Alberto Sueiro, ó que lle agradecemos a súa atención con CD.


      3 Comments:

      Anonymous Anónimo said...

      Ya vereis como pronto veremos en un medio amigo una entrevista chachiguai donde las preguntas van a ser muy distintas. Como TVE en los mejores tiempos de Felipe y de Aznar.

      10/1/06 11:52

       
      Anonymous Anónimo said...

      ¡Viva a transparencia do alcalde! Esto demostra que para él sólo conta a propaganda, a crítica toléraa mal.

      11/1/06 10:45

       
      Anonymous Anónimo said...

      Ahora comprendo la mala leche de algún bloqueiro cuando mandaba Varela
      Ahora no abro el periódico porque sé que irremediablemente me lo voy a encontrar, me persigue, socorrooooo!!!!
      ¡qué alcalde más infumable tenemos!

      22/2/06 20:37

       

      Publicar un comentario

      << Home

       
      eXTReMe Tracker
      Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner