Xestur desenvolverá ó mesmo tempo a 2ª e 3ª fase do polígono de Bértoa
Facémonos agora eco dunha colaboración que un lector anónimo nos deixou nos comentarios a un post, a propósito da nova que hoxe recolle a web do Concello:
http://www.carballo.org/aodia/novas/noticia.php?id_nova=288&lg=gal
Este é o texto literal da noticia, conforme a publica o propio Concello:
Os esforzos do Concello de Carballo...
...na tramitación dunha nova ampliación de solo industrial no Polígono Industrial de Bértoa deron os seus froitos. A presentación do informe elaborado polo goberno municipal, no que se aludía á necesidade de ampliar o solo industrial debido á demanda existente, tívoa en conta o Consello de Administración de Xestur, que deu o seu visto bo na súa última xuntanza. Ademáis dos 74.000 metros cadrados nos que se traballa na actualidade, a ampliación do solo industrial aprobada contempla unha nova fase na que se desenvolverán dúas zonas cun total de 53.000 metros cadrados.
As dúas zonas desenvolveranse de forma conxunta xa que, aínda que se trate de dous proxectos diferentes, o goberno traballou para que o seu desenvolvemento fora continuo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou ao respecto que se trata "dunha excelente nova que vai convertir ao polígono de Bértoa nun dos de maior dimensión e con máis importancia na zona sur da provincia de A Coruña". Evencio Ferrero engadiu que a ampliación responde a "unha aposta do goberno municipal na que existe a colaboración da Consellería de Vivenda e Solo e Xestur e que permitirá a ocupación por parte de industrias que xerarán creación de emprego". O rexedor local manifestou, ademáis, que "este é o mellor regalo de Nadal que lle podemos facer aos carballeses".
Ampliación
Pódese contemplar a ampliación de solo industrial aprobada no documento relacionado a esta nova. As dúas zonas de cor laranxa son as que se desenvolverán de forma conxunta, ampliación que completa á que se está a desenvolver na actualidade.
De tódolos xeitos, lembramos que esta clase de aportacións deberán facerse vía correo electrónico, e non vía comentarios, pois estes deben referirse a un artigo concreto. Do contrario o debate desviaríase por completo.
7 Comments:
Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom Bom ...
¿Desexa vostede mercar un autobombo para regalar nestas festas?
No problem. Pásese pola web do Concello. Temos de tódolos modelos: con foto do alcalde, sin foto e con amplificación, bombos pequenos, medianos, "full size", etc., etc. Sobrannos. Bo prezo.
23/12/05 15:57
Perdón pola pregunta, pero ¿este tema non formaba parte do "Plan Galicia de mier...", que "non era plan"? Polo menos unha das fases creo lembrar que sí.
23/12/05 21:49
Noraboa a todos os carballeses por esta ampliación, a verdade é que é moi boa noticia,
Unha ampliación non prevista en ningún sitio ata o de agora, por certo, é algo que aprobaron os novos governos e que ninguén pedira, excepto o governo municipal actual.
XA van sendo algo máis que duas rotondas como decían algúns
28/12/05 10:40
A ampliación do Polígono Industrial formaba parte do Plan Galicia, a ver se te enteras.
A eso se reduce o mérito: a cumplir o que xa estaba previsto.
Desde que padecemos este Alcalde e este Goberno, o que se ten dito: en 2 anos e medio, 2 rotondas e pouco máis.
28/12/05 11:32
mintes,
por favor, webmaster no anonimato, ao igual que contrastades outro tipo de informacións, en aras da verdade, contrastade e investigade tamén estes temas,
Esta ampliación última foi solicitada e adxudicada polos gobernos actuais, ninguén antes falara desto,
E desta vez preguntade a outras fontes ben informadas, como soedes decir,
28/12/05 16:55
por lo que yo sé, efectivamente, la 2ª fase de la ampliación del Polígono Industrial de Mirón formaba parte, efectivamente, del Plan Galicia, y estoy más que bien informado. Baste revisar la hemeroteca. Además, también es cierto que el nuevo gobierno municipal, ya desde 2003, exigió el cumplimiento del Plan Galicia, al igual que el PP (votación unánime en el Pleno), así como la inclusión de la 3ª fase, cuyo proyecto ya existía en el momento del Plan Galicia pero que no formaba parte, inicialmente, del paquete de suelo a financiar con el Plan. Por lo tanto, basten las polémicas. El mérito es de todos, y ojalá estos ojos vean que la cosa va adelante. Recuérdese: faltan los terrenos, que son privados, y hay que comprar, y para ello hará falta MUCHO dinero...
28/12/05 22:17
mintes outra vez
no pseudo Plan Galicia non estaba incluida a 3ª fase e en ningún momento se falaba de executala xa, E POR SUPOSTO NON EXISTIA NINGÚN PROXECTO, de feito supoño que aínda estará sen facer.
XA QUE DADES PAUS POR UN LADO RECOÑECEDE OS LOGROS POR OUTRO.
e SR. Webmaster no anonimato publiqueme todo o que escribo, que non insulto a ninguén, merçi
29/12/05 10:22
Publicar un comentario
<< Home