Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, diciembre 18, 2005

O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)



Baixo o título "COA PRAZA NON SE XOGA", o PP de Carballo ven de facer público un folleto no que informa dos pormenores do proxecto de parking-centro comercial que o goberno tripartito ten para a Praza do Concello.

Este novo número de Carballo Popular presenta un estudio pormenorizado -ó tempo que impactante- de todo o proxecto, con fotomontaxes do futuro novo edificio do mercado-centro comercial e datos polémicos sobre o prego de condicións, pouco coñecidos pola opinión pública. A foto que acompaña este post é a que figura na portada da publicación, e ilustra o volume da Praza do Concello que poderá ocupar o novo edificio.

Os populares rexeitan este proxecto, propoñen dúas alternativas distintas, e esixen ó goberno municipal que convoque unha consulta popular para que os carballeses decidan sobre un asunto de tal importancia, argumentando que "Carballo non se pode permitir repetir erros coma os da igrexa vella ou a antiga casa consistorial".

En próximos posts, ampliaremos máis polo miudo a información que contén esta publicación (que chega un pouco tarde. Se o PP quería informar ou facer algún tipo de campaña acerca desta cuestión, debería telo feito moito antes, posto que xa hai varios meses que foi aprobado polo Concello).

Outras noticias relacionadas:

Información sobre el probable concesionario del centro comercial

Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás

Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿Onde se pode conseguir ese folleto?

19/12/05 09:48

 
Blogger Carballo Dixital said...

A nós enviounos a revista o PP de Carballo, por correo electrónico, en formato .pdf. Se queres que cha enviemos ó teu correo, non tes máis que poñerte en contacto con nós (carballodixital@gmail.com) e enviámosche unha copia sen problema.

19/12/05 10:09

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner