Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial
Segundo puido saber Carballo Dixital, o prazo para presentar ofertas para a construcción do aparcamento subterráneo e novo edificio para centro comercial na praza do Concello, rematou cunha soa oferta recibida nas oficinas do Concello. Ademais, esta oferta foi recibida o último día (o venres, 18 de novembro de 2005) e cando faltaba pouco tempo para rematar a hora límite de entrega da unha da tarde. En calquera caso, cómpre ter en conta que se poden ter presentado ofertas por correo dentro do límite, e que de ser así, chegarían ó Concello a principios da semana que ven.
De confirmarse a presentación dunha única oferta, e no tempo límite, estariamos ante toda unha sorpresa, se damos por correctas as informacións que dende hai xa case dous anos ven dando o goberno municipal. De feito, tanto o concelleiro Manuel Andrade coma o alcalde Evencio Ferrero, teñen falado de moitas empresas (seis nun último anuncio) interesadas no proxecto, garantindo así a viabilidade e rendabilidade do mesmo. O feito de terse presentado tan só unha proposta, xeraría dúbidas moi serias en torno á prometida viabilidade, e espertaría aínda máis suspicacias no Partido Popular e en gran parte dos comerciantes locais, que xa teñen mostrado a súa oposición á concesión para explotación do parking e do novo centro comercial da praza.
Anteriores posts relacionados:
O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás
Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial
1 Comments:
E como o Sr. Andrade dixo esa misma mañá en RadioVoz, é a empresa que desde o principio estivo detrás do asunto. É curioso que quen fai o presuposto máximo para concursar sexa quen se presenta. Estou seguro que en menos de 6 meses será necesario refinancia-la obra... xq os cartos non chegan para rematala...
19/11/05 22:30
Publicar un comentario
<< Home