Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, noviembre 18, 2005

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás


O prazo para a presentación de ofertas no concurso para o aparcamento subterráneo e centro comercial na praza do Concello, rematou onte día 18 de novembro de 2005 ás 13:00 horas. Á espera de coñecer de forma concreta as propostas que se teñen recibido no Concello, o goberno tripartito presidido por Evencio Ferrero afirmou onte, segundo recolle La Voz de Galicia na súa edición dixital, que “xa non había marcha atrás”:

"El gobierno municipal, por su parte, evita entrar en polémica con los empresarios disconformes, porque, asegura, «xa non hai posibilidade de dar marcha atrás»."
Pódese ler aquí: La Voz de Galicia

En similares termos se manifestou pola mañá en RadioVoz o concelleiro de obras e urbanismo, Manuel Andrade.

Sen embargo...

...segundo ten averiguado Carballo Dixital, o prego de condicións deixa claro que esta afirmación non é certa. De feito o procedemento podería anularse co único compromiso de devolver ós participantes o importe da garantía provisional que eles mesmos prestaron previamente, sen coste algún para o Concello. Éste é o texto concreto:

“CLÁUSULA 24.- Adjudicación.

1.- La Administración tendrá alternativamente la facultad de adjudicar el contrato a la proposición más ventajosa, mediante la aplicación de los criterios establecidos en el presente Pliego, sin atender necesariamente al valor económico de la misma, o declarar desierto el Concurso, motivando en todo caso su resolución con referencia a los criterios de adjudicación del Concurso que figuran en el presente Pliego.

2.- La adjudicación deberá realizarse en el plazo máximo de 6 meses, a contar desde el siguiente al de la apertura del sobre nº 2. Motivadamente el citado plazo será ampliable por otro no superior a tres.

De no dictarse el acuerdo de adjudicación dentro del citado plazo –incluída la ampliación- los empresarios admitidos a concurso tendrán derecho a retirar su proposición y a la devolución o cancelación de la garantía que hubieran prestado.”

(Páginas 27 y 28 del Pliego de Condiciones)

Próximamente esperamos poder mostrar o contido do prego escaneado






Anteriores posts relacionados:

http://carballodixital.blogspot.com/2005/11/expectacin-ante-finalizacin-do-prazo_17.html



2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿Dónde se pode encontrar o prego de condicións? ¿Facilítano no Concello?

21/11/05 14:22

 
Blogger Carballo Dixital said...

Non sabemos se o facilitan no Concello, pero na Copistería Barxó tíñano.

21/11/05 14:44

 

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner