Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, noviembre 17, 2005

Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial


O 18 de novembro remata o prazo para que as empresas interesadas en optar á concesión do parking e do mercado de Carballo presenten as súas ofertas. O concurso foi publicado no BOP de data 31-8-2005, e modificado no Pleno do 26-9-2005, abríndose de novo o prazo de presentación de proposicións. Posto que o prazo indicado é de 52 días naturais, contados desde o envío do anuncio ó Diario Oficial da Unión Europea, a data límite de presentación de ofertas é a indicada.

Ata hoxe, non se coñecen as ofertas recibidas, pero...

...tendo en conta a magnitude do proxecto, non resulta extraño que as empresas interesadas estean apurando ata o último momento para detallar cales son as propostas concretas que realizan.

De feito, tanto o alcalde, Evencio Ferrero, coma o concelleiro de obras e urbanismo, Manuel Andrade, teñen afirmado contactos con varias empresas xa antes de sacar o concurso, contabilizando en ata 6 o número de interesados en participar no mesmo. Haberá que esperar ainda varios días para saber cántas son as empresas interesadas, posto que poden chegar ofertas por correo despois do día en que finaliza o prazo.

O goberno local considera este proxecto como a súa aposta máis importante para este mandato, xunto coa Casa dos Oficios, xa que ademais da construcción dun aparcamento subterráneo o proxecto suporá a completa remodelación da praza.

Sen embargo, o proxecto ven rodeado da polémica dende o seus primeiros pasos, pois conta coa firme oposición do Partido Popular de Carballo e dun bo número de empresarios e comerciantes do centro que mesmo teñen realizado recollidas de firmas. Os populares teñen falado de “pelotazo urbanístico”, e basean a súa oposición no feito de detrás da concesión se atopa a construcción dunha grande superficie comercial privada na “mellor parcela do pobo”, que ademais é pública. Os comerciantes detractores temen a competencia que lles pode supoñer esta superficie, especialmente no caso de que se dedique (como parece máis que probable) á venta de productos de alimentación.

A controversia suscitada e a trascendencia da actuación fan que tódolos carballeses sigan con expectación estas datas, ansiosos por coñecer as propostas que os aspirantes poñen enriba da mesa para o futuro do centro de Carballo.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Poca expectación puede causar si hacemos un ejercicio de imaginación: supongamos que yo quiero darle una obra a un amigo mío, pero quiero disfrazarlo de legalidad, y asegurarme de que su oferta será la elegida. ¿qué mejor forma si me aseguro que su oferta será la única? Ahora bien, esto parece difícil de hacer: nada más lejos de la realidad. Si la obra cuesta 100, la saco a concurso por 50, de modo que nadie se presentará: sólo mi amigo. Después, voy aumentando poco a poco el presupuesto, una vez levantada la plaza, y lo justifico en que la excavación es más difícil de lo previsto. Todos contentos, ¿o no? Bueno, quizá los carballeses, que van a pagar con sus impuestos los otros 50 que faltan no, pero, ¿a quién le importa?. Fdo:Un ciudadano Cabreado.

20/11/05 22:50

 
Blogger Carballo Dixital said...

Desde Carballo Dixital non entramos en hipótesis nin en futuroloxía. Sólo damos os datos, cada quen pode pensar o que queira e facer as súas interpretacións. A imaxinación é libre.

21/11/05 14:27

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner