A punto de comezar as obras do paseo fluvial do Anllóns
As últimas datas deixáronnos unha agradable nova na zona da Milagrosa, xa que tódolos carballeses puideron ver colocados os carteis correspondentes ás obras de construcción do paseo fluvial que discorrerá entre a ponte da Milagrosa e a zona do Bosque, todo polas beiras do río Anllóns.
O proxecto responde a unha idea do executivo de Manuel Varela, quen xa o presentara pouco antes do cambio de goberno. Será financiado con fondos Agader, e suporá unha inversión de 500.000 €.
No punto de arranque do paseo pódese apreciar xa o inicio do desbroce do terreo, aínda que estes traballos semellan levar uns días parados por mor das fortes choivas e da proximidade ó río.
Agardamos, sen embargo, que pronto se poidan reanudar as obras, e poidamos desfrutar dun espazo que ata agora estivera olvidado por unha cidade que vivía “de espaldas” ó seu mellor ámbito natural.
4 Comments:
Moi boa nova, pero, ¿por qué esta demora no inicio dunha obra que xa presentara (maqueta incluída) o Goberno municipal anterior (sí, o de Manolo Varela)? Non será que o goberno actual pretende que a xente olvide a autoría orixinal da obra pra vendela coma propria? Seguro que non, é que a veces son moi mal pensado. Fdo: A carcoma
20/11/05 22:53
Canta intelixencia enche este concello, un paseo fluvial pola zona onde mais enche o rio e son mais frecuentes as inundacions.
Que preciosas lameira polo inverno sera ese paseo e que lugar de cheirumes pestilentes sera polo vran, tanta intelixencia urbanistica deixame parvo, ¿Poñeranlle rotondas?
21/11/05 10:58
si, si,
xa vexo eu a vosa liberdade,
mal empezades si borrades o que non vos interesa
jajajajaja
21/11/05 12:12
Con respecto ó último comentario, non borramos o que "non nos interesa", como di vostede. Interésanos todo. Pero o que non permitiremos son os insultos e as descalificacións gratuitas.
A libertade de expresión é para todos, non só para os que halagan ó poder(dependendo de qué poder se trate), e as críticas deben desenvolverse sempre en un tono de respeto ás opinións alleas, ainda que vostede non as comparta, sen infundios nin insultos.
Calquera noticia ou comentario que queira facernos chegar, estaremos encantados de publicalo, sempre que o comentario respete as debidas formas ou a noticia sexa contrastada, para non publicar infundios.
Por iso, como anunciábamos no primeiro post, os únicos límites son "as leis e as boas formas". Eses límites, en ningún caso consentiremos que se traspasen.
21/11/05 12:51
Publicar un comentario
<< Home