Elección de compromisarios do PP en Carballo
Onte foi o día de elección de compromisarios do PP na provincia da Coruña para o próximo Congreso Extraordinario dos populares galegos, que se celebrará os días 14 e 15 de xaneiro.
Na provincia, elexíanse 526 compromisarios do Partido Popular, máis 38 de Novas Xeracións. En total, 564.
En Carballo, …
...non se presentaron máis candidatos que o número de compromisarios que lle correspondía elexir ó PP local, polo que, segundo nos informa por e-mail o Partido Popular de Carballo, foron elexidos por aclamación todos os que se presentaron, sin necesidade de votación.
Os compromisarios que lle corresponden a Carballo son 16. Foron proclamados tódolos concelleiros que ten o PP en Carballo (incluido Alberto Sueiro como compromisario nato, por ser diputado no Parlamento de Galicia), máis 4 militantes do PP local (entre eles Manuel Varela, anterior concelleiro e ex-asesor de Núñez Feijoo). Ademáis, tamén foron elexidos 3 membros de Novas Xeracións.
O PP non informou acerca da futura intención de voto dos 16 compromisarios carballeses no Congreso, pero todo parece indicar -se son certas as noticias publicadas na prensa de hoxe-, que apoiarán a Alberto Núñez Feijoo, como a gran maioría da provincia.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home