Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, noviembre 25, 2005

Anuncios publicados no DOG durante o mes de novembro




E como o prometido é deuda, insertamos as publicacións aparecidas no DOG durante o mes de novembro que afectan directamente a Carballo:

De entre elas, destacamos a licitación da obra de reparación da fachada do CEIP Bergantiños de Carballo, por un importe de 215.000 euros.

A relación completa pode verse a continuación:…


- 8 de novembro de 2005:
  • Expediente de modificación da concesión do servicio público de transporte de viaxeiros por estrada Cerceda-Carballo-Sísamo, de titularidade da empresa Autos Queijeiro, SL. Ábrese prazo de un mes para que os interesados efectúen alegacións.

- 10 de novembro de 2005:
  • Anuncio de aprobación inicial da Modificación Puntual nº 5 do PXOM, relativa ós garaxes obligatorios. Sométese a información pública por prazo de un mes.
  • Anuncio de aprobación definitiva do estudio de detalle para completar aliñacións e rasantes nas rúas Oleiros e Carpinteiros.

- 14 de novembro de 2005:
  • Resolución pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, para a contratación da obra de reparación de fachadas no CEIP Bergantiños de Carballo. O prazo de ejecución é de 4 meses, e o orzamento base ascende a 215.272,96 euros.




0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner