Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 23, 2005

Novas Xeracións denuncia que o Concello non limpa as pintadas da zona escolar


Novas Xeracións de Carballo mandounos unha nota de prensa acompañada dun arquivo fotográfico sobre as pintadas que hai en moitos muros do barrio do Chorís.

Nesta zona os xóvenes populares denuncian que o Concello non limpa as pintadas da denominada "zona escolar", que teñen proliferado en muros de peche e mesmo edificios públicos, e nas que lanzan "todo tipo de proclamas de tipo político radical", segundo din na referida nota.

Consideran estas manifestacións absolutamente inxustificables, "nin sequera dende o punto de vista da liberdade de expresión, pois hoxe existen infinidade de medios adecuados para expresarse". Pola contra, pensan que son unha falta de respecto ós veciños e unha forma de feísmo, e que resultan especialmente graves nunha zona na que os rapaces acoden a recibir a súa educación, "e sobre os que probablemente queren influír os autores destas expresións".

Novas Xeracións considera que o goberno municipal, "que tanto di preocuparse pola limpeza", non ten feito nada por solucionalo. Por ese motivo,...

…, esíxenlle que tome medidas para limpar e evitar estas pintadas.

E estes son algús exemplos que nos mandaron:




Nembargantes, debemos recordar que non só hai pintadas radicais de extremistas de esquerda, senón tamén do signo contrario (lembramos algunha que reza algo así: BNG=PNV=ETA). O cívico sería que non houbera ningunha, e xa que desgraciadamente as hai, que o Concello as borrara todas. Nós tampouco entendemos a pasividade municipal neste asunto.

(Grazas a NNXX polo envío e desculpas polo retraso na publicación, pero houbo un pouco de descoordinación entre nós, xa que estes días estivemos moi ocupados poñendo todo a punto)

Animamos ós demais partidos, a tódolos cidadáns e grupos a que nos fagan chegar as súas noticias, notas, etc

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Cando borres unha pintada aparecera outra, ¿Porque non deixamos que os grafiteros fagan uns murales decentes?, darianlle unha mellor pinta a eses muros grises aparte de poder publicitalo coma "Carballo coa nova cultura"

23/11/05 14:16

 
Anonymous Anónimo said...

Hai xa uns meses lin no periódico que o Concello aprobara unhas Ordinanzas que obligaban a limpar os solares, a cerralos con muros e a pintar os muros e mantelos limpos. Entonces, está claro que nin os donos os manteñen limpos nin o Concello fai que se cumplan as normas. Coma sempre en CArballo, lamentabelmente.

23/11/05 19:55

 
Anonymous Anónimo said...

A que se refire nngg ás pintadas que din BNG = ETA, si esas son as que lle molestan pois acordaronlles tarde, levan ao lado do instituto polo menos cinco ou seis anos,

cando o que lles queda e protestar por esto é que algo se está facendo ben en Carballo

23/11/05 19:59

 
Anonymous Anónimo said...

"cando o que lles queda e protestar por esto é que algo se está facendo ben en Carballo"

Ño!!!! Cacho argumento!!!!!

23/11/05 22:15

 
Anonymous Anónimo said...

Polo que teño entendido Novas Xeracións creouse hai poucos meses. Difícilmente poderían ter denunciado esto hai cinco ou seis anos. Ademais, hai moitas máis pintadas recentes, que ademais creo lembrar que están firmadas por dous grupos concretos. Cando o que queda é buscar excusas mirando cara atrás, é que algo se está facendo mal en Carballo.

23/11/05 22:32

 
Anonymous Anónimo said...

a vós o que vos fode e que sabedes que o PP non vai a cheirar a alcaldía de Carballo na vida, temos alcalde para rato,

pero está ben que peleedes, ánimo

24/11/05 09:58

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner