Hoxe remata o prazo de pagamento do IBI e IAE
Agradecemos a nota de prensa que nos envían desde o Servicio de Xestión e Inspección Tributaria do Concello de Carballo:
Fin do prazo de pagamento dos recibos anuais do Imposto sobre Bens Inmobles e do Imposto sobre Actividades Económicas.
Hoxe, 21 de novembro, remata o prazo para o pagamento dos recibos anuais dos seguintes tributos municipais, que se abriu o día 15 de setembro de 2005:
- Imposto sobre Bens Inmobles Urbanos.
- Imposto sobre Bens Inmobles Rústicos.
- Imposto sobre Bens Inmobles de características especiais.
- Imposto sobre Actividades Económicas.
O pagamento realízase nas Oficinas da Recadación Municipal, sitas na R/Camiño Novo, 7, entreplanta Galerías Comerciais, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas.
A falta de pagamento dos ditos recibos dentro do período voluntario, que remata hoxe, 21 de novembro, suporá a retribución do recargo executivo correspondente.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home