"R" chegará a Carballo
Boas novas para as telecomunicacións na nosa vila. Segundo publica La Voz de Galicia, a empresa “R” vai instalar polas nosas rúas o seu cableado por ofrecer os seus servizos de televisión, telefonía e internet:
http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=4269024
Para todos aqueles que queiran informarse dos productos e servizos que oferta esta empresa, éste é o enlace para a súa páxina web:
O prezo do paquete Combo-R está en torno ós 65 €/mes + IVA (con promocións incluidas), e inclué teléfono (con chamadas gratis entre clientes de R), 40 canles de TV e conexión a internet de 2 MB. Comparando cos prezos actuais doutros operadores, parece un pouco caro.
No plano dos inconvenientes, compre indicar que no caso da cidade da Coruña, a instalación das canalización de “R” provocou moitas protestas entre os veciños por mor das obras e os problemas de tráfico.
Sen embargo, quen quere servizos debe ter inevitablemente que pasar por esta clase de molestias. Esperemos que “R” estea pronto instalado, que as obras sexan rápidas e que estean ben planificadas… e así poderemos navegar mellor por Carballo Dixital.
2 Comments:
a quen queren enganar. lavoz publica asegundo lle paguen. que se saiba o cableado aínda está en arteixo (meicende ou lañas como moito) e levan xa anos así.
traballei en R na sección de acceso de rede e coñezo quen segue aínda a traballar nesta empresa e todos coíncidimos en que "tarde e arrastro" van a saír estes plans.
tamén dicir que a sección máis importante de R é a legal, a que se ocupa de tratar cos veciños e cos concellos. falta moita solidaridade neste pais, para o anónimo somalí dámoslle un pesiño e para o veciño que pode ter algo máis ca nós nin un cacho de parede para o cableado.
21/11/05 11:58
Seria moito mais interesante que super Union Fenosa nos ofrecera acceso a internet a traves do cableado electrico
21/11/05 12:46
Publicar un comentario
<< Home