Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 23, 2005

Un novo lugar para facer deporte


Recentemente inauguráronse no barrio do Chorís as pistas deportivas anexas ó instituto Alfredo Brañas.

As pistas inclúen un campo de fútbol 7, unha pista polideportiva, e uns pequenos carriles de atletismo que rodean o conxunto, e pode accederse a elas dende o instituto, que as utiliza para as súas clases de educación física, ou dende o parque do Chorís que dá á Avenida de Bergantiños.


Tanto o parque como as pistas aséntanse sobre os terreos do vello campo de fútbol, que foron obxecto dun longo procedemento para determinar a súa titularidade, entre o Concello e o Instituto. Pese a que o Concello decía ter a razón legal, o executivo entón presidido por Manuel Varela decidiu construír un novo campo de fútbol no polígono de Bértoa, clausurar o existente, e reservar que a parcela se adicase a estes novos usos.

O parque do Chorís foi xa inaugurado hai máis de tres anos, e o actual goberno ven de executar as obras das pistas, que están a permitir a moitos rapaces facer deporte en mellores condicións. O empleo da iluminación do antigo campo de fútbol permite utilizar as instalacións ata a noite.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

si, si. a pista está moi ben, e a iluminación nocturna é unha maravilla, pero a ver se o Concello se entera de que as veces os focos quedan encendidos toda a noite, porque calquera pode acceder ós mandos da luz. Esa factura seguro que nos vai ó bolsillo a todos, así que un pouquiño de boa administración dos nosos cartos é o menos que se pode pedir.

23/11/05 20:05

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner