Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, noviembre 24, 2005

Aclaración de Novas Xeracións de Carballo


Recibimos a seguinte aclaración remitida por Novas Xeracións de Carballo, que pasamos a publicar íntegramente. Di así:

"Acabamos ler un dos comentarios que aparecen publicados na súa páxina
web, realizado anonimamente, e que di o seguinte:

" o do anonimato a min dame igual, teño clarisimo quen está detras desto e xa era hora de que fixeran algo máis imaxinativo que os carteis de Rajoi. Se estou errado desmentidemo, e decide quen sodes estamos nun mundo no que xa non se leva á xente ao paredón."

A este respecto, Novas Xeracións desexa aclarar que,...


...se o comentarista en cuestión se refire á campaña "Escoitámoste" que vimos de realizar nas últimas datas, e está a suxerir que a nosa organización é quen realiza Carballo Dixital, esto é rotundamente falso.

Novas Xeracións tivo coñecemento da existencia de Carballo Dixital mediante un correo electrónico que nos foi remitido ás 1:53 horas do 19 de novembro. E toda a nosa participación ata hoxe nesta web consistiu no envío dunha nota de prensa, referida ás pintadas da zona escolar, que realizamos ás 12:34 horas da mañá seguinte, conxuntamente para tódolos medios con información local.

Por outra parte, seguimos a traballar na realizacion dunha páxina web, da que esperamos dispoñer en breve.

Solicitámoslles que aclaren este aspecto na súa páxina e agradecémoslle a súa atención, así como a publicación da nota que lles enviamos.

Novas Xeracións de Carballo
23 de novembro de 2005"
Dito queda.

Nota de Carballo Dixital:
Os comentarios son de quen os fai. Salvo excepcións moi contadas (que non teñen que ver coa identidade dos membros de Carballo Dixital) esta web non vai entrar en desmentir comentarios, porque se entramos en esa dinámica, o primeiro comentario falso que non desmintamos vai querer decir que é certo, e non podemos caer nesa trampa.

Outra cousa: Perdón se o anagrama de Novas Xeracións non coincide co que ilustra este post. Foi o único que encontramos en internet.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

pois lendo o que hai por aquí, mentras non o teña claro,

para min sodes os mesmos

convencedeme, o que si está claro é que a liña é a mesma.

24/11/05 10:03

 
Blogger Carballo Dixital said...

Carballo Dixital non ten que convencer a ninguén. Se vostede quere ler, lea. E se non quere, non lea.

24/11/05 10:07

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner