Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 23, 2005

Un ex-concelleiro do BNG de Carballo fixo unha obra ilegal sendo edil




Un amable lector que responde ó nome de “Vortex” fainos chegar unha noticia que, a pesar da súa antigüidade (pois foi publicada o pasado 17 de novembro no xornal La Opinión) consideramos do máximo interés:

“El ex concejal de Carballo, José Antonio Periscal, que presentó su dimisión hace unas semanas como miembro de la Corporación, se vio obligado a derribar una obra ilegal que había construido en una finca de su propiedad, en la zona de As Eiroas. El pasado verano el ex edil empezó a construir un galpón anexo a su vivienda de forma irregular, que no guardaba las distancias pertinentes con la finca de otro vecino, quien denunció los hechos en el Ayuntamiento.

La obra fue derribada por el interesado a finales del mes de octubre, unos días antes de recibir la inspección urbanística del Concello. El día 25 de octubre José Antonio Periscal presentó su renuncia en el pleno como edil del BNG por motivos personales.

El alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, reconoció que se había construido una obra que no se ajustaba a la legalidad, pero que ya ha sido derribada sin problemas.”


Segundo información recabada por Carballo Dixitall, o tal “galpón” era en realidade unha vivenda nova, duns 70 metros cadrados de superficie en planta, separada da anterior vivenda uns 4 ou 5 metros e construida xusto no linde coa finca do veciño que denunciou a situación. Tamén, segundo o que conseguimos averiguar, carecía de calquer tipo de licencia de obra, ainda que este extremo está sin contrastar.

Por incrible que pareza, dada a importancia da noticia, non atopou eco en ningún outro medio de comunicación. O que nos extraña máis, se cabe, é que a oposición municipal permaneza calada ante unha noticia deste calado. ¿É que non len a prensa? ¿Ou é que consideran que o asunto non merece a súa atención?


(Moitas gracias, Vortex, pola noticia).


12 Comments:

Anonymous Anónimo said...

polo menos cumpriu a legalidadde e recuou sobre unha posible infracción, por certo xa me diredes quenes son "Segundo información recabada por Carballo Dixital". Vos que tanto falades de non emitir infundios nin inxurias, deberiades de contrastar as novas, non credes.

Ademáis recordovos se que se acaba de saber que condearon a Manuel Varela fai poucos dias a pagar unha multa por desobedecer unha execución policial e a Prensa tampouco dixo nada.

Tamén hai unha orde de demolición sobre o colexio Leus por unha recalificación de terreos ilegal promovida polo Sr. Varela, e os medios tampouco din nada,

sigo decindo que se vos ve o plumeiro amigos

23/11/05 19:56

 
Anonymous Anónimo said...

La casualidad es que La Voz de Galicia publicase la noticia una vez que ya había dimitido ese concejal, cuando la obra es anterior: yo mismo la ví mucho antes. Si es que a algunos periódicos les duele morder la mano de quien les da de comer...

23/11/05 20:03

 
Anonymous Anónimo said...

Por lo menos se fué que los concejales del PP, si, digo concejales que han realizado chalets ilegales en Razo, si, en Arnados y Montepeados, aún los tienen en pié, y ni se han ido.

Por lo menos este del Bloque tuvo la dignidad de tirar y después irse,

ole sus guevos

uno de Razo (solo en fin de semana, pero algo es algo).

23/11/05 20:11

 
Anonymous Anónimo said...

¿pero estes do Bloque non eran os respetuosos coa legalidade, os que velaban porque se respetaran as normas urbanísticas, etc.?
Todos lembramos o "linchamento" por parte do BNG deses 2 concelleiros do PP por construir chalets supostamente ilegais. Pois non debían ser tan ilegais cando o actual goberno non acordou tiralos, a diferencia de dous situados en Baldaio, que recentemente acordaron tirar.E se o eran, a lei debe ser igual para todos: que o Alcalde-BNG os tire, que é a súa obriga. Pero escudarse no que fixeran mal outros non sirve como escusa.

23/11/05 20:25

 
Anonymous Anónimo said...

si home si, van a tirar todo que o s outros deixaron facer,

o que están facendo e controlar desde que eles chegaron ao poder, e a min pareceme xenial, agora sabes que en Carballo hai que cumprir a lei, incluso os concelleiros do Governo, e antes xa sabiamos o que pasaba

Ao meu entender estes estanlle votando collóns á cousa e facendo cumprir a lei, oxalá se fixera o mesmo no resto dos concellos da volta.

23/11/05 20:33

 
Anonymous Anónimo said...

Pois xa vemos como controlan...Como o lobo no galiñeiro.

por exemplo, ¿non abrir os camiños públicos en Baldaio, incumplindo varias sentencias xudiciais, tamén entra dentro de "votarlle collóns á cousa"?

23/11/05 20:37

 
Anonymous Anónimo said...

a ver amigo, tranquilizate home,

razoname a cousa, non mesclememos unha cousa con outra,

eu non sei o que pasa cos camiños que ti dis, eu estou falando de construir obras novas, eses camiños de baldaio creo que os taparon en tempos do PP ¿non?, e creo que agora eso está pendente dun xuicio ou algo así.

23/11/05 20:41

 
Anonymous Anónimo said...

qué carallo, poruqé non vamos a poder aproveitarnos, tamen se aproveitaron eles

23/11/05 20:46

 
Anonymous Anónimo said...

¿qué carallo, poruqé non vamos a poder aproveitarnos, tamen se aproveitaron eles?

Si ese es tu razonamiento, mejor apaga y vámonos.

23/11/05 21:09

 
Anonymous Anónimo said...

1º o anonimato leva a suplantacións de identidade e non sempre o que escribe parece ser quen é.

2º Vexo hoxe na voz que seguides fielmente as accións marcadas polo PP, xa que este asunto publicouse onte aquí ao mesmo tempo que foi enviado á prensa polo PP,

como di alguén por aquí "La credibilidad no depende del nombre, se gana con el tiempo".

efectivamente

24/11/05 09:56

 
Blogger Carballo Dixital said...

Tamén se pode entender ó revés: o PP sigue fielmente as accións marcadas por Carballo Dixital (recórdolle que o asunto da obra ilegal do concelleiro publicouse antes en Carballo Dixital que en La Voz, e antes que en CD foi publicada en La Opinión. Ademáis, o PP non incide en cuestións que nós cremos que son importantes).

Carballo Dixital actúa con total independencia, e tan pronto como recibimos a noticia, contrastámola e publicámola.

Se cadra o que vostede suxire é que non levantáramos a alfombra. Como se di agora, "pues va a ser que no".

24/11/05 10:04

 
Anonymous Anónimo said...

ja ja ja,

non vos endiosedes

LA VOZ

24/11/05 11:15

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner