Nota do PP sobre a obra ilegal do concelleiro do BNG
Recibimos unha nota de prensa do Partido Popular que dí así:
"O Partido Popular de Carballo denuncia que o alcalde Sr.Ferrero tratou de encubrir unha ilegalidade feita por un concelleiro do BNG, quén fixo unha construcción ilegal, e unha vez descuberta po-la denuncia de un veciño, concedeulle trato de favor o seu compañeiro de partido.
O Partido Popular de Carballo considera…
…que dende o Goberno se ocultou a existencia de unha construccion ilegal propiedade de un Concelleiro do BNG e o Concello actuou obligado porque un veciño presentou a denuncia no rexistro do Concello.
O Alcalde negou o acceso a información os concelleiros do Grupo municipal do PP de Carballo, que a tiveron que solicitar por escrito, non autorizando a revisión do expediente iniciado a raiz da denuncia e soio permitiu o acceso os expedientes unha vez que de acordo co infractor se ocultaron as probas da infracción.
O Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo interviron para paralizar o procedemento habitual nestos casos, xa que o tratamento do expediente urbanistico do concelleiro non manten as mesmas pautas que outros casos parecidos de infracciones urbanisticas derivadas de denuncias de particulares.
O Servicio de inspección de urbanismo non fixo ningunha intervención hasta 33 días despois da denuncia e non iniciou ningún expediente sancionador, o que non ocurre en expedientes urbanisticos similares, nos que tanto a inspección urbanistica coma os informes legais prodúcense nos dias inmediatamente seguintes ó coñecemento das denuncias .
O concelleiro non foi notificado de que a construccion sin licencia urbanistica e unha infracción urbanistica que está sancionada pola Ley, como ocurre nos demas expedientes das mesmas características.
O Partido Popular considera que o Alcalde non pode amparar acciones que son claramente ilegais e máxime cando o infractor e un representante politico dos cidadáns, estando o primeiro edil, por razón do seu cargo, obligado en maior medida que todolos demais cidadans ó cumplimento estricto da legalidade, independientemente de cores politicas ou afinidades de calquer tipo."
Carballo Dixital publicou onte a noticia, que nos foi remitida por "Vortex", publicada o 17 de novembro en La Opinión. ¿Tería algo que ver que saise publicada aquí con que agora o PP envíe esta nota?
Animamos a tódolos grupos políticos para que nos fagan chegar as súas notas, comunicados, noticias, etc.
3 Comments:
vai sendo hora de que fagan oposición en serio, que hai moito por donde darlles.
24/11/05 11:25
primeiro, se é tal como se narra, ogallá se divulgue este escándalo (como non pasou noutros tempos con temas peores) e saian tantos responsables á luz como demisións.
segundo, esperamos ter neste blog a opinión da outra banda para ter unha narración dos feitos canto máis obxectiva.
terceiro, os concellos de toda galicia organizan cada ano cursos de iniciación e perfeccionamento do galego, son só unhas poucas horas á semana que se acaban amortizando.
25/11/05 12:58
Con respecto a "ter a opinión da outra banda", como xa temos dito en repetidas ocasións estamos abertos a recibir todo tipo de noticias, comunicados, notas de prensa, etc. de tódolos grupos e partidos. Ata o momento publicamos todo o que nos foi enviado polos lectores.
En canto ó tema do galego, non entendemos se te estás referindo ó galego que usamos en CD ou á nota que enviou o PP. CD publicamos a noticia tal e como nos foi enviada ("cortar y pegar"). Naquelo que publicamos co noso nome, procuramos observar a corrección ortográfica (ainda que seguro que tamén temos erros). No que nos envíen, procuraremos respetalo ou resumilo se é necesario, pero sin cambiar nada (sólo mellorando a intelixibilidade, se fora necesario). Non criticamos nin a quen nos escribe en mal español nin ó que o fai en mal galego. Cada quen é libre de escoller o idioma que emprega.
25/11/05 14:07
Publicar un comentario
<< Home