Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 30, 2005

Os problemas do tráfico na Gran Vía


A recente reordenación do tráfico na rúa Gran Vía e no seu entorno non semellan ter dado os resultados desexados.

Aínda que a disposición do sentido único en gran parte do percorrido permite circular con maior comodidade, son moitos os conductores que se queixan de que os semáforos colocados provocan atascos onde antes non os había.

Así,...


... a certas horas prodúcense grandes filas de coches esperando pola apertura dos semáforos da Gran Vía, mentres nas rúas perpendiculares outra xente critica o pouco tempo que a luz verde está aberta.

Para agravar o problema, o desvío do tráfico pola Avenida de Bergantiños tampouco semella ter contentado aos seus veciños, pola desaparición de moitas das prazas de aparcamento e o aumento da circulación.

¿Cál é a súa opinión?
¿Cáles cre que son as solucións aos problemas do tráfico en Carballo?

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

nunca hasta agora houbo atascos na Gran Vía. Menudas ideas de bombero ten a veces o noso Alcalde. En fin, agora tocará crear máis atascos noutras calles para que parezca que somos unha ciuda.

2/12/05 20:25

 
Anonymous Anónimo said...

o da gran vía non é cousa do alcalde, é cousa de Andrade, que é o responsable do tráfego

5/12/05 14:36

 
Anonymous Anónimo said...

Pois si é cousa de Andrade, tamén é cousa do alcalde, ou ¿quén o puxo onde está? ¿quén lle puxo ese soldo? ¿quén foi correndo detrás del hai un par de meses para non perder o sillón? Vale xa de poñer a Andrade de poli malo, e a Evencio de polo bo. Se están xuntos, e din estar tan contentos xuntos, e fan apaños para seguir así, son a mesma cousa.

6/12/05 15:55

 
Anonymous Anónimo said...

¿O "tráfego"? Qué cousas se aprenden por aquí...

6/12/05 18:59

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner