O PP insiste en acusar ó Alcalde de faltar á verdade, encubrimento e trato de favor
Nunha nota de prensa remitida polo PP de Carballo, o grupo da oposición insiste en que, no caso do concelleiro do BNG que fixo unha obra ilegal, “o Alcalde encubriu” e existiu “trato de favor” a ese concelleiro.
Alude o PP a que "existen datos máis que suficientes para afirmar que se mantivo un trato de favor e que non se actuou do mesmo xeito, nin se aplicaron as mesmas medidas que noutros expedientes.”
Entre eses indicios, segundo o PP…
… “o servicio de inspección urbanística non actuou coa dilixencia necesaria, máxime cando o feito denunciado afectaba a un membro do goberno municipal, tendo en conta que a inspección tardou máis de un mes en actuar , cando se pode demostrar que en expedientes urbanísticos motivados por denuncias de particulares das mesmas datas, a inspección realizouse nos días inmediatamente seguintes.”
Acusa ó Alcalde de “falta[r] á verdade” cando este afirmou que o PP tivera acceso á información. Para desmentilo, o PP recorda que “foi publicado pola prensa que tivemos que pedilo por escrito despois de que se nos negase o acceso ós expedientes en máis dunha ocasión, e sempre por orden do Alcalde.”
Engade tamén o PP que, no momento da denuncia, “non existía licencia de ningún tipo”, e por iso tamén “falta á verdade” o Alcalde cando afirmou “que se trata ´da obra dun particular que non se axusta á licencia´.”
Noutro párrafo, para desmentir o trato que recibía anteriormente o BNG, o comunicado di: “O Sr. Alcalde falta a verdade cando afirma que en outro tempo non se lle daba acceso á información, sendo absolutamente falso, e a proba é que incluso fotocopias de documentos municipais (facturas) apareceron publicados na revista do BNG (O Anllons).”
Finalmente, o PP pide “que desde o Goberno municipal se dean tódalas explicacións á cidadanía e se aclare con exactitude cal foi a actuación do Sr. Alcalde e do Concelleiro de Urbanismo neste asunto", ó tempo que di “lamenta[r] a actitude do Alcalde querendo ocultar unha obra ilegal, ocultando a información ós representantes da oposición, intentando culpar ós servicios técnicos e intentando minimizar unha acción que desde todos os puntos de vista constitúe unha infracción urbanística, contra a que a Lei prevé as correspondentes sancións.”
Anteriores noticias relacionadas:
Un ex-concelleiro do BNG de Carballo fixo unha obra ilegal sendo edil
Nota do PP sobre a obra ilegal do concelleiro do BNG
4 Comments:
Aviso para webmasters avezados!!!!; quizais si entrades na páxina para ver Carballo dende o ceo, poidades ver todas as construccións ilegais que se fixeron en Razo-Baldaio no maravilloso mandato do PP, incluso as que fixeron algúns concelleiros e que non tiraron.
26/11/05 13:17
¡A mi qué me importa lo que hicieron otros antes! ¿Es esa la argumentación que tenéis los del Bloque? Entonces, estareis de acuerdo con el siguiente argumento: ya que un concejal del Bloque hizo una obra ilegal el año 2005, todos los que vengan después también podrán hacerlas y no podrán ser criticados. ¿Es eso?
Lo que está claro es que, después del "affaire" Periscal, a los del Bloque se les acabó lo de ir de "campeones del urbanismo". Se parece mucho a lo de "100 años de honradez" y 20 de rapiña. Sólo que estos no necesitaron esperar nada para ponerse "a ello".
26/11/05 20:03
Y si nos movemos un poco al este podremos ver la parcelación de As Saíñas que Ferrero y Andrade se niegan a deshacer, desobedeciedo mandatos judiciales. Qué cosas se pueden ver desde el cielo..., pero otras hay que verlas desde la Tierra.
28/11/05 18:04
Habría que darse una vuelta por la oficina ¿técnica?. Ver para creer
15/2/06 12:26
Publicar un comentario
<< Home