Carballo desde o ceo
Internet ofrécenos varias posibilidades de ver Carballo desde as alturas. As máis relevantes (no que se refire a Carballo) chámanse Sigpac (ou Sixpac na versión galega) e Google Local.
Sigpac é un visor que desenvolve o Ministerio de Agricultura, e está nesta dirección:
http://sigpac.mapa.es/fega/visor/
Creado inicialmente para contar oliveiras a vista de paxaro, permite consultar fotos aéreas que indican o número de referencia catastral das fincas. Ten zoom para acercar ou alonxar a imaxe.
Sixpac é o mesmo sistema, pero referido a Galicia. Depende da Consellería do Medio Rural, e pode accederse a el no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/conselle/ag/fogga/sixpac/visor/
Finalmente, o sistema Google Local consiste en fotografías tomadas por satélite de todo o planeta. Se pinchades aquí, levaravos a unha vista aérea de Razo e Baldaio. Desplazando o mapa co rato, podedes ir “voando” ata outras latitudes. Tamén ten zoom.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home