Imposición de nomes das rúas de Carballo
Recibimos unha nota de prensa do Partido Popular rexeitando "os modos autoritarios e sectarios do goberno municipal", referíndose a imposición de nomes de rúas que pretende levar a cabo o goberno no próximo Pleno do día 28.
Continúa decindo o PP:...
"Nunha nova mostra do seu talante, o Goberno Municipal levará ó próximo Pleno a súa proposta unilateral para poñerlle nome a varias rúas de Carballo, aprobada só polos grupos do tripartito na Comisión Informativa celebrada o pasado mércores.
Este absoluto desprezo do grupo mioritario da Corporación, contrasta coa actitude que mantivo o PP en ocasión similar. No ano 2001, gobernando Manuel Varela, puxémonos en contacto con tódolos grupos da Corporación para consensuar o nome das novas rúas. Naquel momento, en aras do consenso, o PP renunciou á súa idea inicial de distinguir a persoeiros unánimemente recoñecidos e que xa non estaban activos na vida pública. Eso non foi posible naquel momento pola oposición do BNG, e o PP preferiu non crear polémica, renunciando á nosa lexítima e xusta intención co fin de non rachar o consenso nunha cuestión que é desexable non cambiar segundo sexa o signo do goberno de turno.
Nembargantes, as cousas cambiaron. Agora goberna o BNG, co apoio dos outros dous grupos que forman o tripartito. O resultado, á vista está: nun alarde de imposición e sectarismo, pretenden impoñer unilateralmente os nomes das rúas, esquecéndose de que en Carballo non só conviven as sensibilidades que representa o BNG, senón tamén (maioritariamente) outras ideoloxías e crenzas."
Sen dúbida, os consensos son sempre aconsellables en política, pero máis en asuntos coma este, que só contribúen a xerar crispación. Os gobernantes deberan ter sempre presente que gobernan para todos, e deben procurar non ferir susceptibilidades.
Enlaces relacionados:
O PP propón nomes de rúas
4 Comments:
O do titular: "IMPOSICIÓN" de nomes..., supoño que irá con segundas :):):):):)
Non lles falta razón aos do PP
26/11/05 20:25
En Laracha el Bloque intentó hacer lo mismo estando en la oposición, y cuando el alcalde dijo que habría que llegar a un acuerdo, le insultaron. En fin...
28/11/05 18:02
creo que esta nova xa está caducada, non?
creo que xa se superou esta pataleta
5/12/05 16:06
No quedan más pelotas que superar la pataleta. A mi no me da igual que la calle se llame Fidel Castro o Luter King pero tampco pretendo que el pp haga una cacerolada (eso lo dejamos para cuando los del bloque vuelvan a la oposición).
Los ignorantes del CDI no saben ni quienes son los personajes y el tándem del psoe no está ni se le espera...Tampoco le van a negar al Sr. alcalde el gusto de hacerse una foto más con sus correligionarios el día que inauguren sus rúas (habrá instantánea, seguro).
15/2/06 12:24
Publicar un comentario
<< Home