O PP propón nomes de rúas
A finais de novembro (aquí podedes ler a noticia) o tripartito quixo impoñer nomes de rúas en Carballo, tributándolle unha "merecidísima" homenaxe a persoas vinculadas directamente á militancia nacionalista (como Moncho Valcarce, por exemplo), sen consultar antes co resto da Corporación.
Os populares acusaron ao BNG de “imposición e sectarismo”, así como de "esquecerse de que en Carballo non só conviven as sensibilidades que representa o BNG, senón tamén (maioritariamente) outras ideoloxías e crenzas.".
A raíz desas protestas, así como das críticas aparecidas nos medios de comunicación, ó alcalde non lle quedou outro remedio que aparcar o asunto temporalmente.
Agora, o PP fai pública a súa proposta de nomes para as rúas.
A lista comprende os seguintes nomes, coa xustificación que acompaña a cada un deles:
- Médico Antonio Lado: Desenvolviu a sua carreira en Carballo atendendo os veciños de toda a comarca
- Médico Ramón Louzao: Desenvolviu a sua carreira en Carballo atendendo os veciños de toda a comarca
- Médico Eduardo Mariño: Fundou unha clínica en carballo. Tivo gran presencia nas actividades sociais de Carballo: Bergantiños FC, Cruz Bermella, etc.
- Médico José Manuel Lado: Reconocido Psiquiatra. Director do hospital de Conxo.
- Emilia Mariño Aguirre: Muller pioneira na sociedade do seu tempo. Fundou unha academia de mecanografia e taquigrafia onde se formaron centos de carballeses.
- Concello de Cabana: Para seguir o criterio de recoñecer a concellos veciños, tendo en conta que non existe rúa con este nome.
- Vila de Arteixo: Idem.
- Vila de Ponteceso: Idem.
- Escultor Asorey: Escultor galego de gran relevancia artística.
- Pepe da Xan Baña: Escritor nado na nosa bisbarra.
- Rúa dos Vinte Irmáns: Familia de moitos membros de longa tradición carballesa.
- Rúa de Sor María: Fundadora do colexio das hirmans da caridade de Carballo, de gran importancia social e para o ensino de Carballo.
- Carlos Casares: Insigne escritor e presidente do Consello da Cultura Galega
- Padre Feijoo: Galego universal.
- Padre Sarmiento: Idem.
Os criterios utilizados polo PP para facer a súa proposta foron os seguintes:
1. Vencellamento con Carballo / Bergantiños.
Cremos importante que se dea maior sona a persoeiros de corte local ou comarcal. Entendemos o rueiro coma un recoñecemento dos propios conveciños a persoas especialmente salientables da nosa vila ou bisbarra.
2. Continuidade de criterio coa zona onde está a rúa que se renombra.
Intentar manter os criterios mantidos con anterioridade nas zonas onde sexa posible para facilitar a localización das ruas polo “grupo” ó que pertenecen (árbores, ríos, países,etc...)
3. Notoriedade e importancia xeral dos persoeiros
Incluir a persoeiros moi salientables que deben ser distinguidos po-la súa transcendencia e notoriedade pública a través da historia.
4. Que estivesen falecidos.
Creemos que é preferible nomear prioritariamente con nomes de fallecidos por unha cuestión de orde bioloxico que sirva para honrar e recoñocer a persoas xa desaparecidas.
Discrepamos con respecto a algún dos nomes que propón o PP (falta algún e sobra algún), pero coincidimos cos criterios que deberan aplicarse. Especialmente, parécenos moi ben o último dos criterios. É máis: debera aplicarse sempre ese criterio, incluso de xeito retroactivo.
Enlaces relacionados:
Imposición de nomes das rúas de Carballo
2 Comments:
1. Vencellamento con Carballo / Bergantiños. <-- ¿problemas de enchufe?
3. Notoriedade e importancia xeral dos persoeiros <-- exceptuando medicos, tamen temos enxeñeiros, matematicos, fisicos etc etc ¿porque solo son importantes os medicos? (voto da 3ª idade)
4. Que estivesen falecidos <-- ¿porque todos os que propon o pp aparte de estar falecidos deixaron unha ampla descendencia?
Pd: Eu quero unha calle co meu nome por diversas razons
1-Estou vencellado co concello
2-Preferiblemente a calle donde eu viva asi levara un bo criterio
3-Son unha persoa importante conozco a un 10% de todo Carballo
4-Estou morto no que se refire a vida politica
¿Por que non?
16/1/06 02:52
Coincidimos coa túa opinión na maior parte do que expós.
16/1/06 12:05
Publicar un comentario
<< Home