Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, enero 12, 2006

O PP denuncia que o goberno de Carballo non ten solucións para o comercio local

O Grupo municipal do PP de Carballo critica nunha nota remitida a Carballo Dixital as últimas accións do grupo de goberno no que atinxe á Concellería de Comercio, “que mostran ás claras o rumbo errático do goberno, a falta de coordinación entre as concellarías e a falta de iniciativas que aporten solucións ós problemas dos comerciantes de Carballo.”

Referíndose á enquisa que enviou o concelleiro Pérez Ferreiro ós comerciantes, califícana como “unha acción propagandística e que amosa a incapacidade e total falta de solucións do tripartito para o comercio local.”

Para os populares, “non é de recibo plantexar unha enquisa para coñecer os problemas dos comerciantes cando xa se levan consumido mais das 2/3 partes do mandato.

A estas alturas deberíamos empezar a comprobar os resultados das accións do goberno e agora sería o momento de avaliar os resultados das políticas desenvolvidas, non de ´coñecer´ os problemas."

Segundo o PP, “a propia comunicación remitida ós comerciantes identifica unha serie de problemas do comercio local: Falta de formación dos comerciantes, forte competencia, falta de persoal especializado, problemas urbanísticos,etc. Se xa está feito este diagnóstico, ¿por qué non se poñen os medios para resolve-los problemas? ¿Qué ten feito o goberno nestes anos para darlles solución?”

Sigue decindo o PP:

“Unha enquisa sin obxetivos claros e co único propósito de ´controlar´ ás asociacións profesionais de comerciantes.

Non se solicita ningunha información relevante, nin que non fora coñecida xa a traverso dos múltiples estudios e traballos (públicos e privados) que existen sobre o comercio de Carballo.

Non pide ós enquisados a sua valoración sobre das actuacións do goberno e si a das asociacions empresariais á que pertenecen, nun claro intento de deslixitimar a súa representatividade e de poñer en cuestión a súa actividade.

A descoordinación das accións do goberno provoca un despilfarro dos recursos públicos e a falta total de credibilidade do goberno.

Por unha banda, o tripartito gasta importantes cantidades de recursos públicos en propaganda da campaña ´aumenta o teu interés´para impulsar o uso do galego no comercio, e pola outra, o mesmo goberno lanza unha enquisa a comerciantes utilizando o español, no que resulta unha mostra máis da mala xestión dos cartos públicos, do despilfarro permanente e da descoordinación que existe no Concello.

Cada concelleiro ´anda por libre´, cada grupo político fai a guerra pola súa conta e non existe nin a máis mínima comunicación nin coordinación entre eles. No tripartito, ´a man esquerda non sabe o que fai a dereita´.

En tres anos, o tripartito non aportou ningunha solución e coa súa actuación fixeron medrar os problemas do comercio.

Non solucionaron ningún dos problemas que existían cando chegaron (aparcamento, melloras entornos urbanos, etc.) e co seu proxecto de instalar un centro comercial na Praza do Concello crearon preocupación, inestabilidade, desconfianza e desánimo entre comerciantes, actuando de costas á opinión dos interesados e sin aportar ningunha solución."



10 Comments:

Anonymous Anónimo said...

A campaña non se chama "aumenta o teu interés", chámase "Incrementa o teu interese".

Polo demáis, estou de acordo en que o da encuesta é pura propaganda.

12/1/06 19:53

 
Anonymous Anónimo said...

"No tripartito, ´a man esquerda non sabe o que fai a dereita´."

E VICEVERSA, engado eu.

12/1/06 20:21

 
Anonymous Anónimo said...

Solucións os problemas de comercio en Carballo:

Sacar A Coruña e Santiago de Compostela do mapa para ser mais competitivos
Mellorar a atención o cliente
Mellorar a gama de productos
Mellorar a calidade dos productos
Mellorar os prezos e dispoñibilade
Facerlle caso o cliente, nunca lle estamos facendo un favor e o rever el fainos un favor a nos
Renovar as gamas de productos de vez en cando
Innovar de vez en cando

Esto e o que lle fai falta a Carballo e non a politica a situación do comercio de Carballo buscarona os comerciantes de Carballo non as decisións do concello. Conozco moitisima xente que vai de compras a Coruña e a Santiago porque os comercios de Carballo non valen nin un can e acaban antes indo en coche durante 1hora que baixando a sua propia rua mercar

12/1/06 21:38

 
Anonymous Anónimo said...

Yo creo que el error está en ese empeño por controlar a los comerciantes desde el Concello. En ningún sitio se ha desarrollado el comercio a partir de esa clase de control, sino por la libre iniciativa de cada uno de ellos. El asociacionismo está bien cuando se hace por la decisión individual de cada uno y se realiza para conseguir objetivos comunes y realistas, pero a veces se hace sólo para aparentar que se está unido, y luego cada uno va por su lado, o se fijan objetivos irreales.

Pienso que lo que debería hacer el Concello es bajar los impuestos y simplificar sus ordenanzas para facilitarle (o no complicarle) la vida al comerciante, y trabajar por el crecimiento urbano e industrial de Carballo. A partir de ahí, depende del trabajo y los méritos de cada uno, porque de un tiempo a esta parte estamos viendo cómo a Carballo vienen a instalarse muchos comerciantes y hosteleros de fuera y en pocos meses ya les va mejor que a los de aquí. Señal de que, cuando se quiere y se sabe, se puede.

13/1/06 09:23

 
Anonymous Anónimo said...

sen que sirva de precedente, estou de acordo,

notanse ás leguas as concejalías que leva o CDI e as que leva o BNG,

por suposto que tanto urbanismo como comercio cono seguridade son un desastre, por outro lado os do BNG estano a facer bastante ben,

xa sabemos para as próximas botar foara ao CDI e governarán BNG e PSOE, está clarísimo.

ah, por certo é uhna pena que censuredes mensaxes e non publiquedes o que non vos convén

13/1/06 09:39

 
Blogger Carballo Dixital said...

"ah, por certo é uhna pena que censuredes mensaxes e non publiquedes o que non vos convén"

Eso non é así (proba diso é que cho estamos publicando).

Outra cousa é que CD decida o que se publica sempre que veña a conto da noticia que se comenta e non lance infundios, como a veces sucede en algún comentario (moi poucos, todo hai que decilo).

13/1/06 10:55

 
Anonymous Anónimo said...

“notanse ás leguas as concejalías que leva o CDI e as que leva o BNG”

Sin ánimo de ofender, esto demostra que non tes nin idea do que debe ser un goberno. Se é como ti dis, cada concelleiro/grupo vai por libre, o que os descalifica a todos (e ó BNG o primeiro, porque o alcalde é o máximo responsable que non actúen todos coordinadamente).

Esto non é un goberno como dios manda, é unha PANDILLA DE INCONTROLADOS que mira cada un polo seu interés personal (e se non, véxase o caso de Andrade e o soldo que ten, a cambio de que Evencio sea alcalde; e este que llo paga, con tal de seguir no machito).

13/1/06 11:20

 
Anonymous Anónimo said...

¿Qué teñen feito as concellerías do BNG? En Cultura, vivir de rentas, en Medio Ambiente, facer propaganda, en Deportes, desaparecidos en combate, en Servizos Sociais, ¿qué é iso?... e o alcalde, darlle a Andrade todo canto lle pide para manter o pacto.
¿Algún día vannos explicar cómo se resolveu a crise de goberno de setembro?

O BNG ten que poñerse a traballar, mostrar un pouco máis de personalidade, e cumprir alomenos algunha das cousas que nos prometeu, porque eu aínda estou esperando pola primeira. Se non é posible gobernar con Andrade, pois ráchase con ese pacto, que máis vale honra sen barcos que barcos sen honra.
E se alguén no BNG pensa que Andrade lles vai servir como excusa diante do desencanto dos cidadáns, máis lle vale cambiar o "chip".

13/1/06 13:22

 
Anonymous Anónimo said...

Por primeira e ultima vez dareille a razon o pp. Non ten ningun sentido que se fagan campañas a prol do galego e despois outro do goberno faga o que lle peta. Os concelleiros do CDI non miran polo ben do pobo senon polos seus propios intereses e están a dinamitar a accion do goberno do BNG, E tamán é certo que se esto acontece hai que ter mais personalidade e mais xenio e sair a prensa e defende-lo que se está a facer. A min non me estraña do alcade , pero outra xente do BNG tiña que sair criticando o CDI por esto, senon e que pasan por todo.

17/1/06 13:14

 
Anonymous Anónimo said...

¿te acabas de dar cuenta ahora de que "os do bng pasan por todo"?
Ah! no sabía que te habías pasado los dos últimos años en Siberia y sin noticias. Ahora lo entiendo mejor. Pero prepárate.: pasarán por eso y por mucho más.

22/2/06 20:32

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner