Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, enero 03, 2006

O BOP ó día


De seguido, os últimos anuncios publicados no BOP relativos a Carballo.

Destacamos dous:
  • Un sobre a imposición de contribucións especiais en Carballo;

  • e outro anunciando a exposición de características catastrais das fincas rústicas e abrindo un prazo de 15 días para presentar alegacións.

Estes son todos:...

- 26-11-2005:

Aprobación inicial do acordo de imposición e ordenación de contribucións especiais para proxecto de urbanización da travesía entre a rúa do Pan e a rúa Lirios.

Os contribuintes pagarán o 82,7% do custo da obra, o que equivale a 78.674,31 euros.

(Facía moitos anos que en Carballo non se aplicaban “contribucións especiais”. Segundo a nosa memoria, desde a época en que era alcalde Sánchez Vilas).

- 29-11-2005:

Corrección erros bases prazas administrativo e técnico servizos económicos, incluídas na oferta de emprego público para 2005 do Concello de Carballo

- 12-12-2005:

Convocatoria e bases para a provisión temporal (1 ano natural), polo procedemento de concurso-oposición dunha praza de monitor/a cultural, persoal laboral temporal a media xornada (concurso-oposición)

- 27-12-2005:

Anuncio exposición características catastrales Carballo:

En cumplimiento de lo previsto en la Disposición Adicional del Real Decreto Legislativo 1/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Catastro Inmobiliario, se pone en conocimiento de todos los interesados que a partir del día 30 de diciembre y durante el plazo de quince días hábiles, se hallarán expuestas en la Casa de la Cultura de Carballo, en horario de 09:00 a 14:00 y de 16:00 a 19:00, las características catastrales de las fincas rústicas, resultado de la renovación del catastro rústico que se está efectuando en el municipio de CARBALLO. Durante este período y los quince días siguientes, los interesados podrán presentar las alegaciones que consideren oportunas.




0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner