Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, diciembre 26, 2005

Debate: ¿campo de golf en Carballo? ¿A qué prezo?


A lebre saltou en Carballo en outubro de 2004, cando a seguinte noticia de La Voz de Galicia nos sorprendía a todos:

La Federación de Golf estudiará la viabilidad de un campo en Carballo


O Concello considerou o elevado coste como o principal escollo a salvar, xa que a Federación só estaba disposta a aportar 600.000 € dos máis de 2 millóns que se estimaban necesarios, de modo que sería necesaria a participación privada: La Federación de Golf está dispuesta a invertir 600.000 euros en Carballo

Sorprendentemente,...

...nese momento ninguén (nin sequera ningún grupo ecoloxista) se preocupou polo impacto medioambiental, pola transformación da paisaxe e dos usos do terreo, ou polo feito de que unha inversión privada dese calibre, para que fose rendible, tería que ir necesariamente acompañada da construcción de chalets ou vivendas anexas ó campo de golf, e previsiblemente nun entorno privilexiado como é a costa carballesa.


O tema desapareceu da actualidade local tan rápido como aparacera, e tivo que pasar máis dun ano para que o campo de golf saltase de novo á palestra, logo de que o alcalde Evencio Ferrero e o concelleiro de obras e urbanismo Manuel Andrade viaxasen a Madrid para establecer contactos, e desen a seguinte noticia: El gobierno municipal asegura que Carballo tendrá un campo de golf

Curiosamente, esta reapertura do proxecto coincidía no tempo cun debate aberto nos medios de comunicación acerca da chamada “marbellización” da costa, e cunha iniciativa da Xunta para evitala: La Xunta propone un gran pacto para evitar la «marbellización» del litoral

E o pasado xoves descubrimos cómo o Concello de Camariñas, que tamén tiña no punto de mira un proxecto similar, desiste do mesmo para evitar a presión urbanística da costa, por ser necesaria a construcción de 1.000 vivendas nun enclave a protexer: Camariñas renuncia al campo de golf para evitar la presión urbanística


Na mesma páxina, La Voz de Galicia desvelaba por primeira vez que o Concello de Carballo contactara cunha empresa madrileña, e que serían necesarios dous millóns de metros cadrados e tamén unhas 1.000 vivendas para que o proxecto fose rendible. Los últimos contactos con una empresa madrileña se llevaron a cabo hace dos semanas. La compañía necesitaría cerca de dos millones de metros cuadrados y otras mil viviendas para sacarle rentabilidad.


¿Vós que pensades?
¿É realista un gran campo de golf en Carballo?
¿Sería medioambientalmente sostible?
¿Non sería unha excusa para a recalificación de terreos, para vender cemento, para a especulación pura e dura?
¿Suporía “marbellizar” a costa?
¿En qué zona da nosa costa poderían ocuparse 2 millóns de m² e construír 1.000 vivendas?
¿Cómo se compatibilizaría isto coas políticas de BNG e PSOE na Xunta?
¿Estades a favor ou en contra?

Esperamos os vosos comentarios.

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Para mi lo más alucinante de este tema es lo siguiente: un alcalde del BNG (tengo entendido que incluso de la UPG, la rama más a la izquierda, que tiene la hoz y el martillo en su logotipo), que va ¡a Madrid! a buscar a una inmobiliaria ¡madrileña! para que venga aquí, a nuestra costa, Razo y Baldaio, zona de Red Natura, a convencerles de que monten un campo de golf de 200 ha (si no me fallan las cuentas) y que construya 1000 viviendas (probablemente chalets de fin de semana para turistas de Madrid).
O yo me estoy perdiendo algo, o aquí todo el mundo se ha vuelto loco.

Y para más "inri", los allegados y simpatizantes del BNG que oímos en los medios parecen encantados de la vida.
¿Qué pasaría si este proyecto lo llega a plantear el PP? ¿Cuánto tardarían Evencio y compañía en montar la "Plataforma en defensa da costa"? ¿Cuántos grupos ecologistas tendríamos haciendo manifestaciones? ¿Cuánto discurso anti-imperialismo español oiríamos a diario? Que alguien me lo explique.

26/12/05 16:53

 
Anonymous Anónimo said...

parece mentira que seas tan ingenuo... ¿non te das conta que os do bloque temos patente de corso? Basta con que o propoñamos nós para que automáticamente todo esté ben. Facer negocios con nós é moi proveitoso. Xa nos encargamos nós de que Adega non diga nada, non vaia a ser que se escaralle o nejocio.

26/12/05 18:32

 
Anonymous Anónimo said...

Explícoche eu o que pasa: pasa que o poder cambia a todo o mundo. A algúns máis rápido que a outros,e a este alcalde chegáronlle dous anos para perder totalmente tódolos seus principios e tódolos seus ideais, se é que algunha vez os tuvo realmente.

E con respecto ó seu "clube de fans" mediático, tanto do mesmo, están a ver se sacan ventaxa de facer a pelota. Ou ¿acaso entregar unha praza pública a unha empresa privada é de esquerdas? ¿E facer un porto deportivo? ¿Vai ser para a xente humilde, ou para a clase rica á que aspira a pertencer esta tropa?

O BNG hai tempo que deixou de ser un partido de principios. Agora non é máis que unha élite que pretende conservar o poder a toda costa, pasando por onde faga falta, ou ¿xa non lembramos a crise de goberno de hai uns meses? Se hai que regalarlle a praza a unha empresa, regálase. Se hai que regalarlle a costa a unha inmobiliaria madrileña, pois o que faga falta.

¡Ai, Evencio Ferrero! ¡Quen te viu e quen te ve! E pensar que tanta xente confiaba en ti...

26/12/05 19:16

 
Anonymous Anónimo said...

A mí lo que me molesta del asunto es que aún no hay instalaciones deportivas decentes para la mayoría del pueblo, porque "son investimentos moi custosos" (Evencio dixit), y, sin embargo, queremos un campo de golf a cambio de un pelotazo urbanístico, para luego mantenerlo el Concello a base de nuestros impuestos, y a donde sólo podrán ir a jugar unos privilegiados. ¿O alguien cree que va a tener un acceso universal, barato, y para todos? No lo creo: esto huele a concesión millonaria para los de siempre...

28/12/05 22:26

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner