Os "datos ocultos" do Parking-Mercado (II)
Seguimos esmiuzando a revista do PP:
No apartado de Carballo Popular titulado "Os datos ocultos baixo a propaganda", o PP alude ao engano que, ó seu xuizo, cometiu o goberno municipal cos carballeses: "O proxecto que o tripartito carballés ten para a Praza do Concello non é o que durante 2 anos nos contaron; non é un parking subterráneo nin tampouco unha remodelación do mercado actual. Consiste en cederlle a nosa praza a unha empresa privada para que monte o seu propio centro comercial e xestione toda a praza como lle pareza."
Alude tamén o PP a que nos prometeron que o parking e o novo edificio do mercado nos sairía gratis, que se autofinanciaría, pero, segundo resulta dos cálculos do PP, agora resulta que pode chegar a custar ás arcas públicas...
...ata 2.281.964 € (uns 380 millóns de pesetas). Neste custo, o PP contabiliza o túnel xa executado baixo a rúa Coruña con cargo ó erario municipal, así como a aportación do Concello á empresa concesionaria, que pode chegar ata 1.468.250 €. Segundo o PP, "imos pagar canto faga falta para que á empresa lle saia o negocio rentable".
Incide tamén o PP en diversas consecuencias negativas que levará consigo o proxecto, entre as que enumera as que resumimos de seguido:
- O centro da cidade estará levantado e en obras durante dous anos, con graves repercusións sobre o comercio e a vida cotiá.
- Perderanse os aparcamentos gratuitos no entorno da Praza.
- As feiras, tal e como as coñeciamos ata agora, deixarán de existir (esta afirmación parécenos un pouco forte. Máis ben, pode ser que se reduza a superficie destinada a feira, e que incluso non poidan celebrarse feiras durante o tempo que duren as obras, previstas para 2 anos).
- A saída do túnel na rúa da Igrexa provocará que esta vía quede cegada.
- Non hai ningunha caste de estudio de tráfico nin de aparcamentos.
- Déixase á libre decisión da empresa o destino que queira darlle ó Centro Comercial, en canto ás actividades comerciais a que se destinará en cada momento, etc.
- Díxose que se facía para favorecer aos actuais concesionarios do mercado, pero estes prácticamente non contan para nada: como máximo, nun 5% do total dos puntos posibles (e canto á mellor ubicación que o adxudicatario queira ofrecerlles).
Continuaremos explicando máis consecuencias noutro post, así como as posibles alternativas que propón o PP nesa publicación.
Outras noticias relacionadas:
O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)
Información sobre el probable concesionario del centro comercial
Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial
O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás
Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial
4 Comments:
¿Aínda non se sabe nada da oferta que se presentou? ¿Vai haber cines? ¿Vai ser de alimentación?
Esas cuestións son as que máis me preocupan.
19/12/05 09:50
A min gustaríame ver aquí algunha opinión da xante do BNG ou do CDI, ou mesmo do PSOE.
¿Como é que nunca opinan? ¿Por que aparece só o PP? Non creo que sexa verdade iso que escoitei nalgún sitio que se censura aquelo que non sexa pro-PP. ¡O PP nunca faría iso, jaja!
Ai, que mal senta a oposición. E, peor que a oposición, ¡que mal sentan as negras perspectivas de volver ó poder!
19/12/05 10:49
Pois nada, home, invitamos ó BNG, CDI e PSOE a que tamén opinen.
Se aparece o PP é porque nos envía a información, pero non é certo que aquí só opine o PP (basta ler os comentarios publicados en CD, e incluso algunha noticia).
Aquí non se censura a ninguén. O que sucede é que, cando non hai argumentos, é difícil opinar ou rebatir.
En canto ás "negras perspectivas", a non ser que teñas "información privilexiada", decidirano os electores dentro de ano e medio.
En todo caso, volvemos a repetir (xa o dixemos nalgún outro post), por favor, que os comentarios se refiran ó post concreto, porque senón esto será un caixón de xastre.
Por certo, do que se di no post, non dis nada...
19/12/05 11:06
el BNG-PSOE-CDI ya escriben en su "boletín oficial"
19/12/05 13:02
Publicar un comentario
<< Home