A televisión dixital terrestre na Costa da Morte
Navegando pola rede atopámonos unha páxina do máis interesante. Nela acláranse as moitas dúbidas que a maior parte dos usuarios seguimos a ter sobre a televisión dixital terrestre (TDT), que malia ter comezado as súas emisións, apenas ten por agora espectadores na nosa zona.
O enderezo de enlace é o seguinte: http://www.tdtnacostadamorte.co.nr/
O enderezo de enlace é o seguinte: http://www.tdtnacostadamorte.co.nr/
Ademais de ofrecernos unha información detallada e simplificada para que calquera persoa poida entender o sistema e adquirir o seu receptor...
...nesta páxina ofrécesennos tódalas noticias relacionadas co asunto que teñen aparecido publicadas en prensa dixital.
Dos datos expostos nesta páxina, e como xa coñeciamos mediante outros medios de comunicación, resulta que Carballo se atopa no límite que divide a zona á que chega sinal e á que non chega. Efectivamente a maior parte da Costa da Morte non ten xeito de captar o sinal da TDT. Como consecuencia disto, os autores da páxina están a levar a cabo unha recollida de firmas para esixir que este servizo chegue a tódolos puntos da nosa costa.
Felicitamos ós autores da web pola súa iniciativa, e animámolos a seguir adiante. Basta xa de cidadáns de primeira e de segunda. Se todos pagamos impostos conforme ós mesmos criterios, todos temos os mesmos dereitos.
3 Comments:
¡Veña, animádevos e firmade!
Os/as de Carballo Dixital xa o fixemos.
15/12/05 15:37
Dende www.tdtnacostadamorte.co.nr queremos agradecer o voso apoio e darvos as gracias por contribuír con esta a nosa "pequena" loita contra o atraso tecnolóxico.
Un saudo.
Mario Rodriguez Gomez.
www.tdtnacostadamorte.co.nr
15/12/05 23:15
Dende www.tdtnacostadamorte.co.nr queremos darvos as gracias por o voso apoio nesta "pequena" loita contra o atraso tecnolóxico e por axudar a dar a coñecer esta web.
Moitas gracias.
Un saudo!
Mario Rodriguez Gomez.
www.tdtnacostadamorte.co.nr
15/12/05 23:17
Publicar un comentario
<< Home