Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, diciembre 09, 2005

Baches e propaganda


O pasado mércores, La Voz de Galicia destacaba a proliferación de baches polas rúas de Carballo, ilustrando a noticia con algunha foto. Segundo este diario, chegáronse a producir mesmo denuncias no Concello por parte de media ducia de conductores debido ós danos causados ós seus vehículos.

Semella que as fortes choivas dos últimos días, unidas á mala calidade e antigüidade dalgunhas rúas, teñen provocado un grave deterioro que nalgúns casos chega a auténticos boquetes, especialmente en zonas como a Vila de Negreira, a rúa Perú, ou o acceso ó Polígono. As dimensións dos baches chegaron a ser o bastante grandes como para causar averías en algúns dos coches que tiveron a mala sorte de meter un roda dentro.

Pero o verdadeiramente interesante da noticia é o que pasou a continuación:...

...: tal e como o mesmo diario informaba ó día seguinte, estes buratos foron rapidamente taponados polo persoal do Concello, aínda que de modo provisional, mediante zahorra, á espera de poder aplicar aglomerado asfáltico.

¿Reparan vostedes no detalle? Así funciona o concello de Carballo: se algún problema está á vista de todo o mundo, ou incluso os afectados presentan denuncia por escrito no concello, non pasa nada. Métese a denuncia nun caixón e "a otra cosa mariposa". Ai!, pero se sale publicado na Voz de Galicia, o asunto xa adquire importancia, e o concello corre rápidamente a atallar a propaganda negativa que lle pode supoñer a noticia. Todo sexa pola imaxe.

10 Comments:

Anonymous Calaf said...

Pues claro, ¿aún no os habeis enterado de quién manda en Carballo? En todas partes hay aspirantes a Polanquitos... y quien se sirve de ellos.

10/12/05 20:12

 
Anonymous Anónimo said...

Por lo menos ahora se hacen cosas no como años atrás

11/12/05 20:56

 
Anonymous yo said...

claro que se hacen cosaS (2): la sardina y la caverna de la calle Coruña.

12/12/05 10:00

 
Anonymous Calaf said...

¿Se hacen cosas? ¿Como cuales?
(No vale solo proyectos)

12/12/05 20:29

 
Anonymous Anónimo said...

¿Vale pulpo como animal de compañía?

12/12/05 22:42

 
Anonymous Anónimo said...

Agora os baches seique son cousa de Andrade non,

empeza a notarse as cousas que fai este señor e as areas que controla o BNG e o PSOE, a ver si hai sorte e nas vindeiras eleccións se quitan de enriba este lastre,

por un próximo governo do BNG e do PSOE en Carballo, ánimo Encio, eres o mellor Alcalde que pode ter o noso povo.

Desde a emigración en Barcelona

Raúl Rama

13/12/05 17:31

 
Anonymous Calaf said...

Se conoce que desde Barcelona no debes conocer muy bien la realidad de Carballo.
Andrade no es ningún lastre, es el único motivo por el que Evencio está donde está, porque te recuerdo que en las últimas elecciones se llevó un palo de cuidado: se creía ganador, y bajó de 8 concejales a 6. Si no llega a ser por Andrade...

13/12/05 20:43

 
Anonymous Anónimo said...

xa, o que vexo e que vos si tendes ansia de respostar a todo o que non vos gusta, moi rápido

;-)

14/12/05 19:34

 
Anonymous Calaf said...

La gracia de este invento es que todos podamos opinar. No creo que eso deba molestar a nadie.

15/12/05 02:37

 
Anonymous Anónimo said...

eu ainda son máis rápido, ala

15/12/05 12:55

 

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner