Impresións sobre o novo Carrefour de Coristanco
“Maruxa”, membro do “staff “ de Carballo Dixital, estivo de reporteira “free lance” no novo Carrefour de Coristanco, e estas son as súas particulares impresións:
Todo o que sexa aumentar a competencia é bo, porque o que sal gañando é o consumidor, e todos somos consumidores. Ademáis, non é competencia desleal, porque neste caso a empresa tivo que mercar os terreos, ninguén (léase Concello) llos regalou. Nunha economía libre e de mercado, os emprendedores arriscan os seus cartos. Poden gañar, pero tamén poden perder. É o xusto.
En canto ó centro en si, eu...
...iba preparada para ver outra especie de “Supermercado Dia” ou similar, pero sorprendiume gratamente. Por fóra parece máis pequeno do que realmente é. Por dentro, hai prácticamente o mesmo surtido (moi amplo) que no Carrefour da Avda. de Alfonso Molina, na Coruña. Os empregados e empregadas, todos moi atentos e amables. Nótase un pouquiño que son “novatos” (dito sexa sen ánimo negativo). A formación é necesaria, e neste caso nótase positivamente (outro punto no que terían que ir poñéndose ó día algúns comerciantes carballeses).
En canto ós prezos, a verdade é que non hai moita diferencia cos dos supermercados de Carballo ou co Haley. Pero cando a hai, na maioría dos casos (non en todos) é á baixa: por exemplo, a pescadilla fresca (moi boa) a 6,60 €/kg. Tamén hai boas ofertas puntuais en determinados productos (por exemplo, aceite). Se a eso lle engadimos a acumulación de puntos por pago coa tarxeta Carrefour, e descontos importantes no caso de compras superiores a unha certa cantidade, todo vai sumando…(ou, mellor dito, restando). Así que tanto o Haley como os demáis comerciantes terán que mellorar se queren competir.
A oferta da gasolineira (descontan o 10%) é realmente importante. Xa só por iso compensa ir. É unha boa noticia para os conductores. Que vaian aprendendo e poñéndose ó día as gasolineiras carballesas, que terán que espabilar se non queren fechar o negocio (a tendencia de mellora xa a iniciou a E.S. de Rus, con regalos e descontos, pero queda moi a desmán, polo que non é realmente competencia para as de Carballo. Paréceme que con esta nova a cousa vai ser outro cantar, porque queda relativamente cómoda para ir desde Carballo). Eu enchin o depósito do meu Megane e aforrei 4 euros. Non está mal.
Non me estraña que a Asociación de Gasolineiras impugnara a licencia de Carrefour (supoño que porque non se atreveron a pleitear persoalmente os que teñen gasolineiras en Carballo, pero ganas non lles faltarían). Esperemos que a nova Estación de Servicio do Carrefour faga espabilar ó resto dos vendedores de carburantes e se dea por primeira vez unha competencia real neste sector.
Como punto negativo (moi negativo), considero que non lle deberon permitir a Carrefour regular os accesos ó centro comercial da forma en que o fixeron. Non é admisible que, por culpa dun centro comercial, se produzan retencións de tráfico nunha vía de comunicación como é a C-552, o que se agrava se temos en conta que non hai vías alternativas. Moi mal para quen deseñou os accesos e, sobre todo, para quen permitiu ese deseño (sexa o Concello ou a Xunta ou quen sexa).
¿Qué pensades vos?
¿Vai ser bo ou malo para Carballo (consumidores, comerciantes,...) o novo centro comercial de Carrefour?
¿É necesaria a reciclaxe dos comercios tradicionais ou débese impedir a instalación de grandes superficies?
Esperamos as vosas opinións e comentarios.
4 Comments:
Personalmente, estoy a favor de la libertad de comercio. Lo contrario es ponerle puertas al campo e impedir las ventajas de la competencia.
Para los consumidores por supuesto es una gran noticia. Para los comerciante, depende de los casos. A muchos les tocará agudizar el ingenio.
El comercio tradicional se debería especializar en productos concretos y mimar al cliente. No se debe impedir la instalación de grandes superficies, pero ojo, siempre que se juegue limpio y se respeten las leyes del mercado. Lo digo por el proyecto de la plaza de Carballo, porque no estoy de acuerdo con que se instale en sitio público, ni con que se invierta dinero público.
8/12/05 21:22
Tampoco quiero que se haga la nueva plaza en donde está la actual. Pero hay que aclarar una cosa. El terreno es privado, cedido para uso público. En caso de no hacerse así, los terrenos volverán a sus propietarios, y harán con el lo que deseen. Ahora que se abre la calle grabador Facal, ¿por qué no le damos vida a la villa de negreira y pensamos en un mercado en esta zona?. Es la forma de hacer el pueblo más grande. Tanto prado al lado de las calles principales, y que ahora no valen un duro. Si edificamos sobre lo edificado, claro que el suelo seguirá subiendo, y tenemos suelo a rabiar!!!. Y va siendo hora de que carballo aumente hacia otros sitios.
9/12/05 10:11
¿E forma de axudar o comercio que todos os jueves se corte a calle coruña para colocar unha carpa de propaganda de radiovoz (pagada polo concello, supoño)? supoño que será para pagar os favores prestados.
9/12/05 10:23
Hola boas, non estou en situación de comentar, so quero información sobre o Carrefour novo de Coristanco.
Queria saber a súa localización, porque necesito ir dende a Coruña ali, para realizar uns traballos. ¿Podo facelo en Autobus dende A Coruña?. Se e posible saber isto, saber si párame preto do establecimiento.
Podedesme responder aqui, ou no correo carlos@scaloni.org
Moitisimas gracias amigos!
12/12/05 17:02
Publicar un comentario
<< Home