Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, diciembre 01, 2005

Situación socioeconómica de Carballo: incremento da poboación (I)



Coa intención de continuar en próximas entregas (cando o tempo e as ganas nolo permitan), iniciamos hoxe unha serie de posts divulgativos da situación socioeconómica de Carballo e da súa evolución no tempo, utilizando tres fontes:

  • O Anuario Económico de España do ano 2005, que publica o Servicio de Estudios de La Caixa;
  • o Anuario Social de España do Ano 2004 (último publicado), tamén do Servicio de Estudios de La Caixa;
  • e o Atlas Socioeconómico de Galicia do ano 2005, elaborado por Caixanova.

Neste primeiro capítulo, analizaremos a evolución da poboación de Carballo nos últimos anos.

Segundo os datos do último padrón publicado polo Instituto Nacional de Estadística (INE), a poboación de Carballo ascende a 29.521 habitantes.

Carballo rexistrou un crecemento...


... de 1.250 habitantes entre os anos 2000 e 2004 (+ 4,4 %). Considerando o cómputo desde o ano 99, o incremento é de 1.541 persoas (+ 5,5%).

Estes números evidencian que Carballo ven aumentando a súa poboación ano tras ano. O ritmo de crecemento medio é do 1,1 % anual, constante e invariable durante cada ano dos últimos 5 anos (2000-2004). Pero non nos encontramos ante un fenómeno novo, xa que, se consideramos o decenio 1991-01, o incremento de población é dun importante 0,8% anual.

Este incremento de poboación demostra que Carballo é unha vila en expansión, así como que esta expansión non é algo recente, senón que é constante e progresiva alomenos ó longo dos últimos 15 anos.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner