Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, diciembre 19, 2005

Perderanse 830 m² da Praza do Concello (III)



Segundo se desprende do estudo que o PP realizou do Prego de Cláusulas Administrativas do concurso, o futuro edificio do mercado poderá pasar de ocupar 1.184 m² a 2.014 m² en superficie (+70%), e os metros cadrados edificables pasarían dos 3.500 actuais a 5.400 (+ 50%).
Este aumento débese á necesidade de albergar nas instalacións á gran superficie da empresa concesionaria.

Deste xeito, perderíase totalmente o xardín anexo á Gran Vía e as pistas situadas xunto á Casa do Concello, en total 830 m². Os populares presentan varios fotomontaxes do posible resultado final.

O aumento de edificabilidade explícase en parte porque a parcela onde se sitúa o mercado tense ampliado mediante a recalificación do solo circundante da Praza do Concello como se fora de "uso comercial" (incluidos xardín e pistas deportivas).
A nova superficie ocupable polo mercado aparece xa claramente definida na propia portada do Prego de Cláusulas Administrativas aprobado polo Concello, como se pode ver na imaxe anexa.


O resultado con respecto ás pistas de deporte existentes entre o mercado e a Casa do Concello, visto dende o actual Sinagoga sería o desta outra fotomontaxe. En total perderíanse 830 m² do espazo público que hoxe pode desfrutarse na praza.


Por outra parte, a cafetería do Sinagoga sería desprazada ó leste, e o xardín anexo desaparecería, pois debaixo construiríase o parking, un espazo xestionado pola empresa gañadora do concurso.

Respecto a esa empresa, o PP tamén explica as dúbidas que xurden no proceso: "E o máis grave: logo de prometernos que había media ducia de empresas interesadas, só se presenta unha, o último día, e no último momento. Unha empresa recén constituida, e dirixida polas persoas que o propio goberno recoñece que estiveron detrás de todo dende o principio. Esa empresa accediu despois de que o prego de condicións do concurso para optar á concesión se modificase unha vez aprobado ´para que puidera entrar alguén máis´ (o que entrou)."

Mañán continuaremos informando sobre as alternativas que propón o PP.


Outras noticias relacionadas:

Os "datos ocultos" do Parking-Mercado (II)

O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)

Información sobre el probable concesionario del centro comercial

Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás

Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner