Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, diciembre 28, 2005

Andrade cumple a súa palabra e renuncia ó soldo


A principios de decembro, Carballo Dixital publicou dous post (que podedes consultar aquí e aquí) preguntándose pola data de xubilación do concelleiro de urbanismo, Sr. Andrade Cristóbal, así como polo cumplimento da promesa que fixo no seu día: "yo voy a cobrar sólo durante dos años, hasta que pueda disponer del retiro."
(La Voz de Galicia, 4-7-2003)

Posto que o Sr. Andrade alcanzou a idade do retiro o día 24 de maio de 2005, a principios de decembro Carballo Dixital facíase unha pregunta: ¿Devolvería Andrade as cantidades que cobrara do Concello desde a súa xubilación, para facer honor á súa palabra? A esa pregunta, contestabamos que “tendo en conta a capacidade de sacrificio de que fai gala a cotío o Sr. Andrade, non temos dúbida de que así será.”

Houbo malpensados (poucos, todo hai que decilo) que parecían dubidar de que así fose. POIS FOI. Carballo Dixital acábase de enterar, por fontes habitualmente ben informadas, de que, nunha mostra de honradez, cumplindo a palabra dada no seu día, o Sr. Andrade acaba de renunciar ó soldo do Concello que lle vimos pagando tódolos carballeses (42.500 euros anuais). Desde este momento, pasará a cobrar exclusivamente o que lle corresponda polo retiro, tal e como prometera, e devolverá ó Concello as cantidades que percibiu das arcas municipais desde o 24 de maio de 2005.

¡Ben por Andrade!

¿Qué diredes agora os malpensados que dudabades de que o Señor Andrade cumplira a súa palabra? ¿Non é para que vos caia a cara de vergoña, homes e mulleres de pouca fe?

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿comorrrrr?

28/12/05 10:03

 
Anonymous Anónimo said...

unha boa inocentada si señor

28/12/05 10:32

 
Anonymous Anónimo said...

Como inocentada é magnífica, pero demasiado evidente: é absolutamente increíbel. Pero as mellores inocentadas proveñen, desde sempre, do próprio Sr. Andrade: unha ponte en S no S. Martiño, o "complexo deportivo de A Grela", o "túnel cara ó inferno" na R. Coruña... E non nos olvidemos: ¿alguén lembra quen nos vendeu o de "río navegable 2ª fase", referíndose ao Anllóns, cando nin siquera se fixera a 1ª? Pois sí, sres, o Sr. Andrade. E non era 28 de decembro, senón 2 campañas electorais seguidas... E algún aínda creíu que ía renunciar ao soldo e cumpli-lo prometido. Angelito...

28/12/05 22:30

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner