Alberto Sueiro: Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa. Andrade tiña preparadas revelacións e acusacións. (I)
Publicamos hoxe a primeira parte da entrevista que lle foi remitida o día 4 de xaneiro por correo electrónico a Alberto Sueiro, voceiro do Partido Popular de Carballo, e que nos devolveu coas súas respostas o día 7.
Sueiro é unha persoa xoven, pero cunha intensa experiencia política como diputado en Santiago e concelleiro en Carballo. Non esquiva ningunha cuestión, nin sequera as máis incómodas para o seu grupo, e semella ter as ideas moi claras. Fálanos da crise municipal de setembro, dos trapos sucios que Andrade pensaba revelar, das relacións internas do tripartito; analiza os asuntos que están no candeleiro da política local, como a revisión do plan xeral, o “extraño” concurso do centro comercial,…; promete renovación de persoas e ideas no PP local para as próximas eleccións; declárase liberal e reformista.
Dada a súa extensión, a conversa será publicada en dúas partes. Esta é a primeira parte:
¿Qué balance xeral fai do ano 2005 que vimos de rematar?
...
...
É evidente que o feito mais importante do ano foi o cambio de goberno na Xunta de Galicia, que oscurece calquer outro feito pola súa transcendencia política. É moi importante porque, de feito, supón que por primeira vez un goberno socialista- nacionalista accede a tarefas de goberno como consecuencia do resultado de un pacto xurdido de unhas eleccións, o que dende o punto de vista da normalidade democrática é relevante e supón de feito entrar nunha nova etapa.
Que as relacións entre os membros do tripartito non son boas é un feito contrastado. Evencio sigue de alcalde sin mandar e Andrade continua mandando sin ser alcalde.
O feito máis destacado dende o punto de vista da política local foi a crise de goberno de setembro, ¿qué valoración global fai da mesma?
A razón da crise foi que, despois do cambio de goberno na Xunta, Andrade tiña que mostrarlle ós seus socios o seu “poder” e que se visualizara claramente, pese ó goberno en Santiago, quén manexa o goberno de Carballo.
Ante calquer expectativa que poideran ter dende o BNG ou PSOE de abandonar o “lastre” que para eles é o CDI , quixo reforzar a súa posición obtendo mais áreas de goberno e “ desactivando” ó concelleiro de servicios ,que era o que lle facía sombra.
Que as relacións entre os membros do tripartito non son boas é un feito contrastado. O CDI incluso o deixa claro nunha carta reciente ós seus “adeptos”, decindo que a culpa de todo é do alcalde. É evidente que estamos a falar de unha asociación de intereses na que cadaquén obtén algún proveito: Evencio sigue de alcalde sin mandar e Andrade continua mandando sin ser alcalde.
Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa. Andrade tiña preparadas moitas revelacións e acusacións sobre o actual goberno para xustificar o abandono do mesmo.
¿Pensa que a crise se zanxou mediante unha delimitación de competencias, como se dixo, ou que houbo algún outro acordo? Se é así, ¿de qué tipo?
A crisis zanxouse mediante a concesión a Andrade de todas as súas peticións. Evencio quixo conservar a alcaldía a toda costa, aínda ó prezo de “sacrificar” a un dos seus principais concelleiros.
É certo que houbo máis acordos, porque Andrade tiña preparadas moitas revelacións e acusacións sobre o actual goberno para xustificar o abandono do mesmo, que evidentemente quedaron en nada.
Eu entendo que as acusacións que se verquiron sobre o Alcalde deberían ser aclaradas, porque senón o que queda en tela de xuízo é a propia alcaldía.
Un concelleiro non pode decir que a máxima autoridade dun pobo minte sin que ningúen o desminta ou dé algunha explicación.
¿Alguén pode creerse que lle ofrecemos a alcaldía a Andrade sin condicións e el rexeitouna por “amor a Carballo”?
¿Qué influencia cre que puido ter a visita de Anxo Quintana a Carballo?
A procesión de cargos públicos o BNG que fixeron acto de presencia en esos días deixa ben as claras que por riba dos intereses dos ciudadanos estaban os intereses do partido.
A Andrade déronlle todo o que pediu sin ninguha limitación, chegando a asegurarlle cantidades de recursos para as súas concellerías en orzamentos futuros, o que quere decir que estes non se elaboran pensando nas necesidades que se deben atender, senón que se “asignan” a unha concellería para que os destine ó que lle pareza mellor. Desde logo, eso non se pode chamar unha xestión eficiente.
Ó principio, moitos comentarios apuntaban a que era o PP quen instigara todo o acontecido. Ademais, é de dominio público que durante estes dous anos sempre houbo conversas entre PP e CDI. ¿Pode vostede asegurar que o seu partido non foi quen propiciou ou buscou a crise?
Penso que dende o principio fomos os únicos que puxemos en riba da mesa a posibilidade de que fora de novo unha “maniobra” de Andrade para presionar mais ós seus socios, coma xa ocurrira o ano pasado cos orzamentos.
Nós non variamos de posición en todo o proceso e dende logo defendimos sempre a nosa lexitimidade para gobernar. Fixemos un pacto público e estabamos dispostos a aceptar para nos as mesmas condicións que exixíamos para os demais e dende logo non nos plegamos a “presións”. ¿Alguén pode creerse, como él dixo, que lle ofrecemos a alcaldía a Andrade sin condicións e él rexeitouna por “amor a Carballo”?
Fai exactamente un ano, o goberno anunciara que este ía ser o ano onde se empezaran a facer realidade as grandes obras para Carballo ¿qué pensa dese anuncio?
Este goberno caracterízase pola constante presencia nos medios de comunicación para prometernos grandes proxectos (porto deportivo, cidade deportiva, campo de golf) pero a realidade é que cuestións importantes aínda están sen atender, a pesares das súas promesas (seguridade cidadán, apertura da Vila de Negreira, Avd. Bergantiños, etc.).
Dan por feitas as obras nos periódicos como fórmula de goberno. Pero a realidade é que practicamente, salvo o túnel e as rotondas, tódalas demais obras que remataron quedáronlle proxectadas (peonilizacións, reforma da Vazquez de Parga,) e aínda non foron quén de rematar proxectos coma o paseo do Anllóns ou a férveda de Entrecruces, que tamén son proxectos do anterior goberno.
A reforma do mercado non pode facerse con perdas de espacio público nin perdas de aparcamentos gratuítos. Pensamos que existen opcións máis vantaxosas.
Vostedes dixeron no seu momento que este goberno vivía das rendas do anterior, e que nun ano só fixera unha rotonda + 1 burato. Dous e medio despois do cambio de goberno ¿seguen a soster o mesmo?
As probas son mais que evidentes. ¿Alguén pode sinalar algún proxecto que iniciase e rematase este goberno ata o de agora?
Concretando, ¿cómo ve o futuro do proxecto do mercado municipal de abastos? ¿Cre que vai saír adiante? O PP ven de propoñer alternativas, ¿pensa que tiveron eco na poboación? ¿Pensan levar a cabo algún outro tipo de iniciativa ó respecto?
Dende o primeiro momento nós vimos defendendo o mesmo. A reforma do mercado hai que abordala, eso é unha realidade. Pero non pode facerse con perdas de espacio público nin perdas de aparcamentos gratuítos, e ten que priorizar os intereses dos usuarios da plaza e os placeiros, integrándose en un proxecto urbanístico de futuro para Carballo. Pensamos que existen opcións mais ventaxosas, e sobre todo temos a obriga de pensar nas xeracións vindeiras. Non podemos volver a fallar no deseño urbanístico para o centro do pobo coma Corporacións anteriores, porque hipotecamos o futuro por moitos anos.
¿E a Casa dos Oficios? ¿Pensa que a veremos rematada nesta lexislatura?
Espero que si, a pesares dos continuos retrasos e do mal que se xestionou este asunto dende o principio. Nos sempre consideramos que non é a ubicación mais axeitada, porque debería situarse perto das empresas, no polígono industrial, para conectar formación e actividade, pero o certo é que Carballo nos últimos 15 anos fixo unha importante laboura de formación ocupacional, convertíndose nun referente en toda Galicia, e ese patrimonio colectivo dos carballeses non se pode perder e debemos colaborar todos para mantelo.
No seu momento a Xunta non outorgou toda a subvención solicitada, e vostede era o representante da comarca no goberno autonómico ¿qué ten que dicir a iso?
No seu momento, tal e coma se dixo, o Concello non cumplía os requisitos exixidos, como despois quedou de manifesto: non había disponibilidade dos terreos, houbo que reformar o proxecto inicial (que segundo o alcalde era perfecto), etc.
Dende o goberno fixeron unha utilización política contra a miña persoa deste asunto e quedou claro que cando se cumpliron as condicións esixidas concedeuse a axuda e foi o goberno local o que non foi quén de cumplir plazos.
Os que falaban de partidismo antes, que expliquen agora cómo negan unha axuda que xa estaba practicamente concedida, sin aportar ningunha argumentación, ó Concello de Ponteceso para un obradoiro de emprego, namentras conceden axudas a gobernos do PSOE e o BNG que non tiñan proxectos nin remotamente parecidos.
Continuaremos mañá.
Outros enlaces relacionados:
Entrevistas a Evencio Ferrero e Alberto Sueiro
As preguntas que Evencio Ferrero non quixo contestar
Alberto Sueiro: Presentaremos un equipo renovado en persoas e ideas. (II)
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home