Campaña "Incrementa o teu interese"
Segundo nos enteramos pola web do Concello:
“O Concello de Carballo, a través do Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Policía Local e dentro da campaña Incrementa o teu interese, de promoción lingüística no ámbito socioeconómico de Carballo, distribuirá 5.000 discos de control para o aparcamento na Zona Azul co lema da campaña. Estes discos pódense recoller nas dependencias da Policía Local e no Pazo da Cultura.
A campaña Incrementa o teu interese comezou a desenvolverse en outubro de 2005 cos obxectivos de mellorar e promocionar a calidade do comercio de Carballo e de estender o uso do galego neste sector, e até o momento xa se desenvolveron accións informativas sobre as vantaxes do uso do galego no ámbito socioeconómico, accións formativas dirixidas ao empresariado (Obradoiro de estratexias de atención ao público e Curso para a optimización da comunicación empresarial), conferencias, distribución de materiais para os comercios, etc. Coa distribución destes discos para a sinalización do aparcamento nas zonas de horario limitado procúrase facilitarlle á cidadanía un material en galego, atractivo, práctico e demandado, ademais de seguir difundindo a campaña e promocionando, en xeral, o uso do galego.”
Dentro da mesma campaña, o concelleiro de comercio ven de enviar unha enquisa en español a tódolos comerciantes, co mesmo obxectivo de promover o uso do galego.
Os próximos pasos da campaña de promoción do galego serán os trípticos que difundirá a concellería de comercio titulados “habla bien, galleguiño, no seas pailán” e “mejor en castellano, que nos entendemos todos”.
(Nota: Fixádevos ben na foto que ilustra este post)
3 Comments:
Que mea tedes con tocar as narices co tema do galego, primeiro que promociona o galego e o bloque e segundo quen fai a enquisa e Paco Perez do CDI, recordemos que o castelan e unha lingua oficial en Galicia (sinto polos do bloque), aparte da existencia en carballo de alguns comercios rexentados por persoas foraneas a Galicia, a min faime mais falta para o dia de mañan saber aleman,ingles e chino (si ainda que soe exotico os chinos estan medrando bastante rapido e tarde ou temprano sera un pais sobreindustrializado con alta demanda de xente con preparación especifica cobrando uns soldos decentes (soldo/costo da vida)) que galego e castelan tanta carallada por culpa do idioma
19/1/06 19:18
Estou de acordo co anterior, a min estas campañas parécenme unha forma de dar traballo a catro persoas tirando moreas de cartos públicos. Pero que sexan concellerías distintas de partidos distintos non xustifica esa chapuza. Suponse que un goberno ten que funcionar medianamente coordinado.
20/1/06 10:38
O problema é que estes simpáticos gobernantes tiran cada un para o seu lado a conta dos cartos de todos. A eso chámaselle "tirar cohetes con pólvora del Rey".
Non compartimos as túas críticas a esta camapaña do uso do galego. De todos os problemas que ten o comercio local (formación, novas tecnoloxías, innovación, competencia das grandes superficies, etc.), ningún é comparable ó do idioma. O problema máis grave e acuciante do comercio local é que se empregue o galego para todo, e neste asunto temos que coincidir todos. Porque, se non nos entendemos en galego ¿en qué idioma imos comprar/vender, tendo en conta que en Carballo non existe un idioma común que falemos todos (uns falan rumano, outros inglés, outros francés,...) que non sexa o galego? É máis: debera ser obligatorio rotular absolutamente todo só en galego (¿qué é eso do español, idioma foráneo que non fala case ninguén?): nomes comerciais, prezos, carteis, etc.., todo só en galego. E ademáis, as autoridades deberan multar a todo aquel que non o faga, como en Cataluña. A ver se dunha vez nos poñemos á altura dos cataláns.
Así que todo o que se gaste neste asunto, ben gastado está.
20/1/06 10:38
Publicar un comentario
<< Home