Fotos do Congreso do PP e outras cousas
A páxina de Novas Xeracións de Carballo publica unha reportaxe fotográfica sobre os representantes do PP local que asistiron ó Congreso do PP de Galicia, celebrado o pasado domingo, que podedes ver aquí.
Tamén hai un novo artigo onde os mozos do PP falan dos accesos ás praias de Leira e Baldaio, critican a incompetencia do goberno local e piden varias cousas: a apertura dun acceso á praia de Leira, a reparación da pista que discorre dende o límite coa Laracha ata a praia da Arnela, a inmediata execución das sentencias xudiciais con respecto ó monte da Saíñas, a reparación da pista que discorre dende á pedra do Sal ata a embocadura da lagoa de Baldaio e a retirada do material resultante da limpeza do Prestige.
Os de NNXX tamén piden axuda ós lectores para traducir un texto alemán que figura nun enlace da páxina. Como unha das administradoras de Carballo Dixital estivo varios anos en Alemania, podemos axudarlles. O que di o enlace é que os viaxeiros da foto agradecen ter unha caravana sin estructura "Womo" (que é un puco máis ancha, e non pasaría por onde se ve na foto), e ofrecen a venta desa caravana.
6 Comments:
¿Para abrir un accesso a plaia non haberia que expropiar terreo?
Se hay que expropiar non o fara ningun partido politico porque e contraproducente para as futuras votacións, tendo en conta ademais que Galicia encontrase dividida en minifundios e sin coñecer donde esta a praia de leira o mais probable e que o numero de expropiados fora interesante politicamente para a reeleccion. Por conclusión se dito acceso se realizara seria o mais similar a tirar pedras contra o propio tellado.
Se a reparacion da pista dende o limite de Laracha require asfaltado, non e mellor facelo a principios de veran para que as choivas do inverno non a desfagan de novo (digo por non andar arranxando parvadas).
As sentencias do Monde da Saiñas ¿De que van porque eu non teño nin idea?
A reparación da pista da pedra do sal, creo que e mais do mesmo ¿non?
E o material do prestige a miña non seria mais loxico deixalo nun caseto limpo para a proxima marea negra(que a volvera a haber) disminuiria o tempo de reaccion significativamente
Tan parva e a oposición coma o goberno .
18/1/06 16:10
Paréceme que non te paraches a ler a noticia, porque non se fala de expropiar. Normalmente ós propietarios interésalles que se abran pistas porque así gañan accesos ás súas fincas. Por eso o habitual nestes casos non é expropiar, senón que eles cedan. O que contan aquí é que había un acordo para ceder, que ó cambiar ó goberno semella que non se respetou.
Coñezo a zona, e resulta incrible que non haxa acceso a esa praia. E tamén é certo que a pista está fatal, pero non hai por qué asfaltala. Na parte de Caión é de terra e está perfectamente, supoño que porque a reparan de vez en cando.
19/1/06 09:32
Pois eu alegrome de que alguen se acordara de nos que xa ia sendo hora. A ver se fan algo de caso.
19/1/06 10:08
ti o dis, normalmente date de conta de que a xente o pensa e o volve a pensar e xa sabes como e a tonteria ¿e logo o camiño non pode pasar pola leira do veciño?¿e si abren a pista a xente ira a praia nos coches e encherame de terra as berzas e eso non e bo? ¿? tatatatatatatatata e mais metralla, no referente a pista haberia que mirar un dia de inverno mentras chova por donde pasa a auga, algunhas pistas morren soas pola erosión rapidamente, as cousas ainas que pensar, analizar e encontrar a mellor solición antes de ir co conto de "Temos que facer unha pista colle unha pala no punto A e tira dreito hasta que chegues o punto B" deberia haber un sistema por medio da paxina web do concello onde se tivera acceso a toda a información do que pasa e porque se fan as cousas e en base a que etc etc. Seria interesante asi deixariamos de andar falando de cousas por oidas
19/1/06 12:13
No consigo entender muy bien qué quiere decir el comentarista anterior, pero desde luego no creo que deba ser la web del Concello quien nos informe, porque siempre va a estar controlada por el poder. De todas formas, si conoceis el lugar, la verdad es que es bastante sangrante que en el siglo XXI haya una playa como esa sin accesos, y sobre todo es vergonzante que tenga que salir Carballo en una web alemana porque las caravanas de los turistas apenas puedan pasar por nuestra costa. Ese tema hay que solucionarlo con urgencia.
19/1/06 15:50
O Concello ten que facilitar o acceso a un lugar público como é unha praia. E se non hai acceso, o Concello ten que conseguilo ou habilitalo. Dame igual que sexa expropiando, que recuperando o camiño público que había (que o había).
Eu teño ido a miudo á praia de Leira (porque me gusta moito, non hai xente e é moi bonita), e antes, mal que ben podíase pasar. Dende hai un tempo (aprox. 1-2 anos) non hai forma de pasar, e o responsable último de que non haxa un paso habilitado é do Concello. Claro que, se cadra, non interesa, como os de Lema votan ó Bloque... En fin
19/1/06 17:25
Publicar un comentario
<< Home