Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, enero 13, 2007

Aquí no hay quien gobierne


Non podían sospeitar os inquilinos do nº 1 da praza do Concello que a convivencia ía ser tan difícil cando hai 3 anos e medio se mudaron ó seu novo fogar. Coma na teleserie que produce José Luis Moreno, nese consistorio non hai quen viva, e os veciños teñen que facer as maletas e saír con vento fresco.

Hoxe lemos na prensa local con sorpresa que Manuel Trigo, concelleiro do PSOE de Carballo, presenta a dimisión do cargo e do partido, segundo manifesta porque sente que “non pinta nada”, e que non se lle recoñecen os seus anos de traballo. O seu sitio será ocupado por Pedro Luis Fernández. O caso é que se trata do sexto concelleiro da corporación que presenta a dimisión. Restando os casos de Manuel Varela e Milagres Lantes, que dimitiron para ocupar outras funcións máis importantes, as outras dimisións non obedeceron a circunstancias “naturais”.

O que máis nos sorprende a todos é que esta renuncia se produza tan só uns meses antes das eleccións. ¿Non podía Manuel Trigo agardar a rematar a lexislatura? Eso quere dicir algo. Sexa como fose, algo non pode funcionar ben nun goberno do que tanta xente se quere botar fóra.


1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Dicir que Manuel Varela dimitiu como concelleiro para ocupar un posto maior pode ser todo o correcto que se queira, pero un pelín inxenuo tamén.

Mandalo a un despacho da Xunta dous meses antes das eleccións autonómicas, asento que, en consecuencia, tivo que abandonar eses dous meses despois, nun cargo no que non había, penso, cuestión de incompatibilidade co cargo de concelleiro, sona máis a un retiro político honroso que a un ascenso.

18/1/07 17:18

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner