Nazón de Breogán
Ese é o título dunha exposición que Anxo Quintana vai inaugurar na planta superior do Pazo da Cultura o próximo día 10 ás 20:00 horas. A exposición, cuxo contido concreto aínda descoñecemos, vai ter por obxecto “render homenaxe ós galeguistas que traballaron polo autogoberno”, poñer de relevo a “singularidade” de Galicia, e implicar á sociedade no proceso de “consecución dun novo estatuto”… de “nazón”, por suposto, como di o título da iniciativa.
Visto o anterior, todos pensaredes que estamos ante un acto organizado polo BNG para expoñer o seu punto de vista da reforma do estatuto. Pois non, é un acto organizado e pagado pola Vicepresidencia da Xunta (“o departamento de Anxo Quintana”, como ben repite a propaganda institucional) en colaboración co Concello de Carballo de Evencio Ferrero. Unha precisión, a exposición non a paga Quintana, como algúns poderán pensar, pagámola todos nós cos nosos impostos. Claro que no caso do alcalde carballés, tendo en conta a súa famosa honradez, a ben seguro que os gastos municipais sairán das contas do partido.
3 Comments:
A algúns o único que lles doe é que a exposición se deteña cronoloxicamente no 1936 e polo tanto non poida aparecer ningunha foto do ministro Fraga.
8/1/07 18:39
A outros, en cambio, o que lles doe é que deixen en evidencia as miserias dos seus idolatrados líderes, e intentan saír polos cerros de Úbeda.
10/1/07 09:31
A min o que me fode é que poñan de reclamo da esposición unha vaca holandesa e non unha do país. Reivindico a rubia galega e con bos tetos.
11/1/07 22:46
Publicar un comentario
<< Home