Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, julio 06, 2010

Problemas viarios



Asuntos que levaban tempo detrás das vallas asomaron e protagonizaron nas últimas semanas a actualidade local. Porque os problemas do tráfico e dos aparcamentos en Carballo, que tanto daban que falar hai anos e polos que ningunha solución se ten aportado dende entón, desapareceran coma por arte de maxia das páxinas dos medios de información, pero non así da vida cotiá duns cidadáns que, cando se lles apreta demasiado, tenden a protestar.

Primeiro foi o “bacheado” realizado a base de gravilla en moitas das rúas da vila en datas previas ó San Xoán. Unha técnica considerada chapuceira, incómoda, e mesmo perigosa por moitos veciños que deixaron sentir as súas queixas, recollidas por medios e partidos da oposición. Nunha reedición daquela polémica polos parques infantís, o goberno de Evencio Ferrero xustificou a súa actuación como técnicamente válida, ante o que moitos nos preguntamos por que, partindo desa premisa, hai rúas con asfaltados coma Dios manda, e outras con gravilla, igual que hai parques infantís con caucho e outros tamén con grava. Se cadra hai técnicas para cidadáns de primeira e para cidadáns de segunda.

Despois foron as obras da travesía de Malpica, e máis concretamente a decisión do executivo bipartito de prescindir de aparcamentos en beneficio dun carril-bici. Por segunda vez, dende a famosa protesta dos veciños da Lagoa, piudemos ver a varios veciños de Carballo ataviados con carteis protestando no salón de plenos, por considerar que a disposición dos bordillos era perigosa e que o colocación dun espacio para bicicletas non xustificaba a perda de prazas de estacionamento na zona.

E por último porque o BOE carballés leva días facendo honor ó seu nome detallando punto por punto, coma por coma, e por entregas, a ordenanza de tráfico que o Concello vai aprobar, e que incide en aspectos tan variados coma os vados, as velocidades permitidas, ou os coches abandonados.

Moitos pensamos que, máis que ordenanzas que delimiten todos e cada un dos detalles para circular e aparcar polas nosas rúas, o que precisamos son máis e mellores e rúas, e máis e mellores aparcamentos para poder facer uso deles. Porque primeiro deberían de ser os bois antes que o carro. En todas partes menos en Carballo.


Etiquetas: , ,

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

As boas rúas xa as fixo o PP nos seus 12 anos de governo. Agora toca poñer as normas para circular por elas.
En serio, somentes unha mente cativa poder pensar que non é necesaria unha Ordenanza de Tráfico nun povo de 30000 habitantes, no ano 2010!!!
O que non se entende é que ninguén vira a necesidade, nun lugar onde ó parecer hai tantos problemas de tráfico. Vese que non saímos moito e non sabemos o que son problemas.
O caso é protestar, ¿Non sí?

8/7/10 23:31

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner