Para todos?
(Con acento porteño) Para los altos, para los bajos, para los de aquí, para los de allá, para los jóvenes, para los mayores, para los de izquierdas, para los de derechas... Non, está claro que non estamos falando das festas de San Xoán 2006.
Porque semella que dun tempo a esta parte o mundo da cultura en Carballo empeza a estar reservado a uns poucos. En concreto, á hexemonía nacionalista. Ven esto a conto de que acabamos de ler a revista que a comisión das festas do San Xoán deste ano ven de publicar, onde practicamente tódolos participantes son persoas con vínculos co BNG.
¿Non hai xente en Carballo que non sexa próximo ó Bloque Nacionalista Galego, e saiba escribir? ¿Tentou a comisión falar con alguén que non pertencese ó seu grupo ideolóxico? ¿Acaso esto non é unha mostra de sectarismo?
Por outra parte, temos que dicir que as críticas que a comisión está a recibir na enquisa de la Voz nos parecen en xeral esaxeradas, pero vendo cousas coma estas, ¿quén pode sorprenderse de que se acuse á organización de politizar as festas, se a propia organización politiza a súa revista? Mais algúns aínda gardamos a ilusión de que se poden facer unhas festas, de verdade, “para todos”.
(Enlace vídeo)
8 Comments:
Pois eu sí que estou dacordo con moitos dos comentarios publicados na prensa, tanto os que falan das poucas novidades do programa coma os que defenden a laboura dunha comisión atada de pes e mans polos políticos e os compromisos de cada un deles. Non se puido facer o que se pensaba porque houbo demasiadas ataduras e favores que devolver. Penséi que todo sería doutro xeito pero vexo que o pensamento nacionalista trata de tinguilo todo. Sintoo.
(Non estou na comisión pero sei cales foron os problemas.)
20/6/06 09:40
conviña que alguén empezara a decir as cousas claras.Si o anonimo anterior, que dí non pertenecer a comisión ( parece aquelo de "tengo un amigo que...) coñece limitacións ou presións ou ordenes a comisión que o diga. non se pode decilas cousas a medias
20/6/06 18:50
Ai, amijiño! Parece que se abres a cancela pode haber represalias... Eche cousa do novo "talante" marxista-nazionalista do Sr. Alcalde. Biba la libertá!! ¿Queredes probas?
1.- Quen desminte ao governo municipal é xq é un mintireiro.
2.- Quen ataca a legalidade da actuación do governo, ten falta de moralidade.
3.- Quen pon en dúbida a honradez do governo, ofende a "honorabilidade" do Sr. Ferrero.
4.- Quen non comunga coa política cultural guvernamental, é xq está "ancorado no pasado" e é un revanchista político.
5.- Quen critica o programa das festas é xq é do P.P.
¿E que facía o BNG cando era a oposición?
Que ninguén o intente recordar: ningunha das cousas antes expostas. Faltaría máis, compañeiro, que sempre foron constructivos!!!!!
21/6/06 08:17
Ai, amijiño! Parece que se abres a cancela pode haber represalias... Eche cousa do novo "talante" marxista-nazionalista do Sr. Alcalde. Biba la libertá!! ¿Queredes probas?
1.- Quen desminte ao governo municipal é xq é un mintireiro.
2.- Quen ataca a legalidade da actuación do governo, ten falta de moralidade.
3.- Quen pon en dúbida a honradez do governo, ofende a "honorabilidade" do Sr. Ferrero.
4.- Quen non comunga coa política cultural guvernamental, é xq está "ancorado no pasado" e é un revanchista político.
5.- Quen critica o programa das festas é xq é do P.P.
¿E que facía o BNG cando era a oposición?
Que ninguén o intente recordar: ningunha das cousas antes expostas. Faltaría máis, compañeiro, que sempre foron constructivos!!!!!
21/6/06 08:17
Pois eu penso que o Alcalde está no seu dereito a que a súa opción política estea representada na revista das festas. En Carballo goberna o BNG, mal que lles pese a algúns, e temos dereito a que eso se materialice en tódolos ámbitos, e tamén por suposto na resvista das festas. Política é todo, e se non gobernara o BNG, outros se encargarían de que os articulistas fosen do signo contrario. Así que a min paréceme ben que sexan nacionalistas ¿pasa algo? Hai que construir país en tódolos espazos dos que dispoñamos.
21/6/06 10:04
en ves de tanta politica, non poderiades facer unhas festas mais ou menos pra todos????????
dade ideas pra poder construir unhas boas festas.
21/6/06 13:07
É certo que o PP se encargaba de facer unha revista á súa medida, e agora o fai o BNG. É o que hai. Pero, primeiro, que o fagan todos non quere dicir que estea ben. E segundo, o BNG presume moito de ser plural e adalid de todas as opcións. O fai, penso, porque sabe que hai moita xente que pode comungar coas ideas do BNG a nivel ecolóxico, político e ata de xestión, pero non coa idea de "impoñer a súa cultura" contra vento e marea, e o seu galego a toda costa. É dicir, non coa súa idea de "impoñer", inda que só sexa nunha parcela. Sen ir máis lonxe, o ano pasado o pregón do San Xoán foi terriblemente aburrido, pedante e cheo de ínfulas do seu autor, e o aturamos só porque quen o daba era afín ao governo. E Dulce Pontes é unha artista como a copa dun pino, pero non axeitada para o San Xoán e se trouxo porque se lle metiu na cabeza a certa concelleira (alomenos iso se rumoreaba). Por iso que o BNG tinxa todo dos seus afíns non está ben, do mesmo xeito que non está ben que o fixera o PP. A ver quén é o primeiro político que se atreve de verdade a non "impoñer" nada e a deixar elexir a quen lles paga.
21/6/06 13:42
Gústame esto de construir país, nazón e o que vos pete, pero non cos meus cartos. Vese que non o debedes de ter moi claro cando hai tanto que construir, mentalizar e lavar cerebros dos rapaces que falan español e se queren semellar a David Beckham, non a vos nin ós vosos idolos necionais.
As festas son para outra cousa, non para a vosa merda de politiqueria nazinalista.
Aburrides ás ovellas.
26/6/06 19:35
Publicar un comentario
<< Home