Cervexa e arte
Curiosa e atractiva combinación. E boa idea a de Ramón Méndez, o propietario da cervexería San Juan, localizada na zona dos Baños Vellos de Carballo.
Trátase de reunir a catro artistas da zona para expoñer a súa obra nas paredes do establecemento, e que os clientes poidan admirala mentres toman algo cos amigos. A iniciativa recibe o nome de “Arde Arte”, supoñemos por aquelo do San Xoán, e recolle exposicións da fotógrafa carballesa Adriana Suárez (“Sentados”), o tamén fotógrafo arteixán afincado na Laracha Diego Naya (“Beirarrúas”), e do debuxante carballés Mon Lendoiro (“Ilustrando jazz”), ós que se suma a colección de postais do propio Ramón Méndez.
As pezas manteranse expostas ata o día 22 deste mes, e o horario non é outro que o da propia cervexería. A ver se nos pasamos un día destes.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home