Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, junio 08, 2006

Sólo mía


Segundo denuncia o PP, “a axenda municipal recolle de xeito exclusivo as actividades de Ferrero en Montevideo”, feito que se pode comprobar visitando este enlace.

Para a oposición, esto supón un “uso partidista da páxina web do concello por parte do Alcalde” (¿e aínda se enteran agora?).

Os populares salientan que “non se informa de ningunha nova referente a actividade municipal destes días, utilizándose exclusivamente para dar conta, con todo detalle, das actividades do Sr. Ferrero en Montevideo” (esto non é totalmente certo, pois na web infórmase de que o Concello pedirá unha subvención de 15.000 euros á Consellería de Medio Ambiente). En concreto, o PP critica a “utilización personalista e partidaria e o uso con fines exclusivamente propagandístico dos medios públicos”, referíndose a que “para o BNG parece más importante a visita do Sr.Ferreo a Punta del Este que, entre outras cousas, a presencia do Alcalde en funcións na importante xuntanza sobre seguridade en Bergantiños da que non se dá nengunha información.” Non lle falta razón, posto que esta última foi a principal noticia do día nos xornais de Carballo, e non existe a máis mínima referencia a ela na web municipal. Seguro que se á reunión fora Ferrero en lugar de Andrade, sería noticia de portada.

Sigue decindo o PP: “O feito de que o Alcalde teña contratado un xornalista adicado exclusivamente ó mantenemento da páxina web do concello xa fala por sí soio do uso e o destiño que o Sr. Ferrero pretende para este medio de comunicación e información .
O PP recorda que foi o Sr. Ferrero o que rexeitou a posibilidade de os medios de comunicación municipais, presentes e futuros , tivesen carácter plural, dando cabida a todolos grupos, e non fosen utilizados de xeito partidista como medio de propaganda do Alcalde.”

E a todo esto, ¿Andrade e o outro que din? Que a web non lle fixera caso a ningunha iniciativa da oposición era esperado, pero o que non pensabamos e que a web municipal (mantida por un periodista ó que lle pagamos todos) fora patrimonio exclusivo só dunha parte (BNG) do goberno tripartito. Anque, ben mirado, é normal: a Andrade estas cousas de Internet cádranlle algo lonxe, e o outro non se entera.




5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿De verdad que el ayuntamiento le paga a un periodista para que se ocupe de la página web?
¿el alcalde que cuando estaba en la oposición criticaba que su antecesor tuviese un secretario ahora tiene un secretario y un periodista?
¿un ayuntamiento como Carballo se puede permitir estos lujos?
¿tenemos pasta para tantos sueldos?
alcalde, teniente de alcalde, concejal de servicios que va detrás del teniente, secretario del alcalde, periodista del alcalde, vigilante de obras, policía que vigila al vigilante de obras, asesor urbanístico, asesores externos...
todos ellos cobrando religiosamente de lo que nos saquean vía impuestos, tasas y contribuciones especiales.
¿nos le parece demasiado derroche?

Y con todo este despliegue de medios, nos vamos de gira a Montevideo, le llevamos 1.600 euros y seguimos encantados de la vida. Ay, tenéis razón, ¡cómo hemos cambiado!

8/6/06 09:52

 
Anonymous Anónimo said...

Estades equivocados Ao periodista págalle a empresa que se encarga da páxina web Facer a páxina inclúe a actualización dos datos Para comodidade de todos traballa desde o concello, porque mete noticias do que pasa no concello, que está gobernado por quen está gobernado Se o PP chega ao goberno xa poñerán se Sueiro viaxa á lúa Pero pagado pola empresa externa tamén

8/6/06 12:52

 
Anonymous Anónimo said...

Amijo, ademáis de saber moito do funcionamento do Concello,do periodista, de quen lle paga, do cómodo que vos resulta ter ó periodista á man, e da vosa man...¿importaríache poñer tamén algún punto e seguido para que se poidan ler mellor as túas sentencias?

9/6/06 11:15

 
Anonymous Anónimo said...

Poño os puntos seguido e aparte que queiras. E sei o que pasa por pura casualidade. Aseguro para suspicaces que non teño nada que ver nin co periodista nin co Concello. Claro que ao mellor as miñas fuentes están erradas. Non sentencio, aventuro con visos de verdade.

13/6/06 13:08

 
Anonymous Anónimo said...

Quen fixo a Lei fixo a trampa. Vol. 3

Outra "trampiña" legal da ADministración:

Supoñamos que quero contratar a un "xefe de prensa", un periodista, pero sin que se note moito a maniobra para que a oposición non poña o grito no ceo.

A maniobra é ben sinxela:
1.- Busco unha excusa que precise de man de obra. Por exemplo: a actualización dunha páxina web "deixada no olvido" polo anterior Goberno.
2.- Presento a idea como unha novidade ao servizo do cidadán: así calo á oposición durante un tempo.
3.- Saco a licitación do contrato e doullo a unha empresa que teña da miña man (véxase o Vol. I sobre cómo amañar contratos)
4.- Dígolle á empresa que contrate á persoa que eu quero (lémbrese que eu lle pago á empresa).

Resultado:
1.- Xa teño "xefe de prensa" controlado por min, porque ao periodista pagaralle a empresa, pero ¿quen lle paga á empresa? O Concello.
2.- Coleilla á oposición, que se dará conta demasiado tarde da xogada.
3.- Non houbo proceso de oposición, e teño a unha persoa da miña man, ademáis collido como cliente, porque se non goberno eu, el pode quedar sen traballo, co que podo "influir" na súa obxectividade.

Xa se sabe que quen fixo a lei fixo a trampa... E aquí temos a un "maestro" (en todos os sentidos) nesto, polo que se ve...

13/6/06 13:45

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner